Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O Museo Gaiás da Cidade da Cultura superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra 'Galicia, un relato no mundo' –primeira grande exposición internacional para o Xacobeo 21– e ás actividades para público familiar para estas datas, nas que se recreou unha vila máxica elaborada con globos biodegradables, dinamizada con obradoiros de balde e con dous grandes espectáculos: un circense-musical e outro con sete magos internacionais.
  • O vindeiro día 16 de xaneiro abrirase no Museo do Pobo Galego a exposición das dúas series gañadoras e as finalistas do XIV Premio Ksado de fotografía da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Santiago até o vindeiro 18 de febreiro nunha itinerancia que visitará dez concellos da Coruña.
  • 17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en 2021, un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público.
  • O programa de innovación educativa Observa_Acción (Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais) vén de seleccionar os cinco centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia (Asturias, Castela e León e A Rioxa). De cada un dos centros participarán neste programa de innovación CATRO persoas do claustro, incluído un membro do equipo directivo.
  • Esta mostra contén o traballo realizado polos ilustradores galegos Laura Cortés e Fran Bueno e polos portugueses Eduardo Porto e Fátima Bravo, durante a residencia artística realizada na illa de San Simón en setembro e que estivo coordinada por Matilde Rodríguez. Nese encontro, ademais de realizar obras, impartiron diferentes obradoiros para alumnado das escolas de artes Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña, así como do máster do Libro Ilustrado da facultade de Belas Artes de Pontevedra.
  • A música vertebra e estrutura B.S.O. Banda Sonora Orixinal, por cuxa partitura discorren a modo de notas discordantes unha serie de personaxes cun certo pasado pero cun incerto futuro, sempre tentando encaixar nos espazos e nas liñas xustas do pentagrama. Unha estrutura traballada con prosas que se enlazan entre si, dando o final dunhas pé ao comezo doutras de xeito que os distintos capítulos se suceden coma se fosen escenas curtas dunha película.
  • Vacún, horta e mexillón con selo ecolóxico. Son os tres produtos que o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou o pasado mércores aos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). O testemuño de José Ángel Regueiro Real, gandeiro de vacún e vogal na comisión de goberno do Craega, e o show cooking impartido polos chefs do restaurante A Horta do Obradoiro serviron para achegar algúns dos segredos dos alimentos certificados aos que no futuro van a tomar o relevo no sector hostaleiro.
  • Co lema “Cultura ata a medula”, o folclore chega un ano máis ao Concello de Ramirás, que acolle este ano a súa décimo terceira edición do Festival Internacional Rebulir (FIR). Convértese novamente no berce do certame que avoga dende os seus inicios por achegar mostras da cultura e tradición a todos os públicos, cunha gala central o sábado 21 no complexo polideportivo de O Picouto. En canto ás novidades desta XIV edición, destaca o actor Pepe Penabade como presentador da gala central.
  • A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura.
  • A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende mañán 18 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra).