Notas
-
Expoñeranse 97 fotografías xunto con 49 documentos orixinais dos fondos de Educación e do Goberno Civil. A maioría das fotografías foron tomadas por José Luís Vega e abranguen cronoloxicamente o período 1942-1997 e están agrupadas en sete seccións: “Tempo de saúde”, “Tempo de familia”, “Tempo de aprender”, “Tempo de lecer”, “Tempo de festa”, “Tempo de deporte”, e “Tempo de traballo”. Con esta compilación, o Arquivo trata de reflectir todos os aspectos da vida pública e privada da infancia.
-
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Clube Estrela Galicia. A sala coruñesa Mardi Gras acolle o 1 de febreiro o concerto de Moon Cresta e Frying Luras; mentres que o Garufa Club contará o 14 de febreiro con DA Trío e Udra. Na provincia de Pontevedra, na Aturuxo de Bueu estarán The Lelli Kelly’s e Enxeito e na sala Contrabajo, Vigo, AFF60 e Jay Doe & The Blues Preachers.
-
Ao longo do ano 2019 celebráronse no Centro Galego de Arte Contemporánea dez exposicións, moitas delas acompañadas dunha publicación explicativa, e unha trintena de actividades entre as que se inclúen talleres formativos, cursos, visitas guiadas ou xornadas musicais. Esta programación complementouse coa cesión de espazos a outras institucións para a celebración de xornadas, obradoiros, presentacións ou entregas de premios.
-
A compañía Ibuprofeno Teatro estrea a súa última montaxe 'O mel non caduca' no Teatro Principal de Compostela. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso que poderemos ver o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro. 'O mel non caduca' é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista.
-
Nestes momentos, xa está aberto o prazo para a inscrición gratuíta na primeira das citas do ciclo, Superar fronteiras coa música, na que se abordará a relación musical entre Galicia e Portugal a través da experiencia da artista galega Uxía e da portuguesa Joana Brandão, experta en comunicación, xestión e produción de espectáculos. A xornada, que será moderada pola xornalista Belén Regueira, contará ademais co showcase en acústico de Astrogirl.
-
A mostra itinerante ‘Deconstruír o franquismo’, impulsada polo grupo de investigación da USC Histagra e polo Observatorio Europeo de Memorias da Fundación Solidaridad da Universidade de Barcelona, chegou este xoves a Santiago para facer da cidade compostelá, un espazo de reflexión sobre a simboloxía da ditadura. A mostra atópase situada no Paseo Central da Alameda. A mostra preséntase en cinco etapas, dende a ‘Persistencia’ do franquismo ás ‘Ausencias’ de memoria.
-
Vida de cans, que a compañía subtitula como Alegoría canina en cinco ladridos escénicos, é unha comedia metafórica sobre o concepto de liberdade, na que se abordan cuestións humanas a través de tres personaxes caninos. Os tres atópanse encerrados nun amplo recinto que lles preparou o seu amo, pero que, a pesar de todas as comodidades, non deixa de ser unha reclusión que cada un afronta de xeito diferente segundo a súa personalidade.
-
O centro albergará de xeito permanente o mural que a artista elaborou para os Premios da Cultura Galega 2019, con tres referencias principais: a cidade olívica, coa presenza dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos; a movida viguesa, movemento cultural e creativo excepcional que foi protagonista desta edición dos Premios; e o movemento artístico Atlántica, que iniciou a eclosión dun momento artístico dinamizador da arte galega no último terzo do século XX.
-
A Rede Cultural estrutúrase en catro programas, tres deles para o sector profesional. "Escena ao vivo!", ao que se poderán presentar espectáculos ao vivo de teatro, música, monicreques, maxia,danza e circo; outro para proxeccións audiovisuais, "Visións"; e "Lingua a Escena!" que ten como obxectivo a promoción do galego a través da cultura. A estas tres modalidades súmase na convocatoria o programa "Alicerces", destinado á difusión de espectáculos de compañías e agrupacións non profesionais.
-
A iniciativa, organizada pola Biblioteca do Concello de Verín en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega, ten como obxectivo ofrecer unha visión real sobre as personaxes que forman parte das obras deste xénero. Para conseguilo, contarán coa presenza de escritores e personaxes reais que aparecen en diversas obras. Así, o día 24 o comisario de policía Enrique León, que inspirou o personaxe do sarxento Castro na serie de televisión 'Fariña', ofrecerá unha conferencia baixo o título 'Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas'.