Notas
-
O documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
-
Desde o martes 21 ao venres 24, A Coruña e o Camiño Inglés acollerán o EcomWay, unhas xornadas sobre a ruta xacobea destinadas a profesionais do turismo, a comunicación e o marketing. O EcomWay é unha experiencia de Comunicación 2.0 para dar a coñecer a cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade concienciando o peregrino na loita contra os malos hábitos. Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021
-
As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal.
-
A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), é a gañadora do sexto certame poético Rosalía de Castro 2020. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse no salón de plenos da casa consistorial e acordou por maioría premiar a obra “No encanto do aire”, presentado baixo o lema “Gong” por Guadalupe Gómez Arto. Unha elección que se realizou tras varias votacións entre os traballos presentados nesta edición.
-
Talía Teatro regresa mañá aos escenarios coa estrea do seu novo espectáculo para público familiar, Voa, voa!, que poderá verse ás 20,00 h. na Casa da Cultura de Cee, localidade orixinaria da compañía, onde repetirá función o xoves 16, ás 12,00 h. 'Voa, voa!' poderá verse este mes de xullo en nos concellos de Noia, Carral, A Laracha, Moraña, Guntín, Foz, Vedra, Portas e O Carballiño, e durante agosto, no Pereiro de Aguiar, A Estrada, Ribadavia, Triacastela e Muros.
-
O conselleiro de Sanidade anunciou que o departamento sanitario galego, logo de avaliar cos técnicos de Saúde Pública e cos profesionais sanitarios a situación e progresión dos datos do foco da covid que está a producirse na Mariña, considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación da Mariña e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.
-
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar no DOG a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa. Trátase dun título deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a petición de Galicia, que se implanta por primeira vez na Comunidade galega e nunha zona con tradición neste sector, Ourense.
-
Coincidindo coa súa onomástica e máis co cabodano do seu pasamento, este mércores estreará nova ubicación na Praza Maior de Lugo o busto adicado a Xoan Montes Capón, que despois de estar inicialmente na parte baixa de Santo Domingo, pasou décadas na Praza de San Roque, e agora ven para a Praza Maior, por iniciativa de diversos colectivos lucenses e do Concello de Lugo.
-
A programación cultural deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, xestionado pola USC e que tamén conta co apoio económico do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, adáptase á nova normalidade xurdida logo da pandemia causada pola COVID-19 da man de ‘Na Bocanoite’, unha proposta que fusiona as visitas guiadas e musicadas das ‘Noites na Domus’ e as actuacións de música ao vivo previstas inicialmente no ciclo ‘Lubicán’.
-
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde mañá Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.