Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • As reservas dos grupos Cero negativo e A positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue. Desde ADOS convídase a continuar amosando neste período vacacional o carácter solidario dos cidadáns de Galicia para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de agosto, así como no resto do período estival.
  • Vilagarcía voltará a encherse de risas e espectáculo nunha edición que durará toda unha semana para gardar as debidas precaucións que marcan as autoridades sanitarias, e como aseguran dende a organización “Os espectáculos e festivais están mudando coa pandemia, a nova normalidade altera a interacción co público que tanto define ao clown, pero temos experiencia e solvencia suficiente como para adaptarnos e reinventarnos sen perder a nosa esencia.”
  • Este encontro destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais do oficio da olería e cerámica galegos, do resto de España e Portugal, e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal. Neste encontro haberá demostracións e venda de produtos de 23 expositores do oficio da olería e cerámica.
  • 'Antropoloxía visual dunha sociedade confinada' está composta por 27 fotografías e dous vídeos realizados durante o confinamento derivado da pandemia da covid-19. Unha experiencia inédita na nosa sociedade que ten producido enormes cambios e con consecuencias e implicacións perdurables aínda por explorar.
  • O Gaiás anima ás familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19,00 horas. A entrada é de balde, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19.
  • En 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Este ano marcado pola pandemia o Concello da Coruña optou por manter a cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes.
  • 'Viae Ad Limina Sancti Iacobi' é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición sobresae pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade. A maiores, a caligrafía que acompaña ás obras plásticas ten o estilo propio do autor e enfía un interesante relato histórico que, á súa vez, estrutura a mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
  • Despois duns meses marcados pola incerteza, parece que hai feixes de luz que insisten en abrirse camiño. Un deles é o 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará unha cuarta edición máis íntima, máis próxima, esta fin de semana na Ribeira Sacra. Unha cita na que cada vez a música comparte maior protagonismo coa contorna, buscando proporcionar ao público unha experiencia única, cun formato diúrno e o feito de estar en espazos incribles que se saen do común: adegas, miradoiros, catamarán e as actividades incluídas dentro do Festival.
  • O Festival Internacional de cinema Play-Doc celebrarase na cidade de Tui do 23 ao 27 de setembro, despois de ter que pospoñer a súa décimosexta edición por mor da crise sanitaria. A organización do certame está a traballar, xunto co Concello da cidade, no deseño dunha edición especial e diferente que garanta a seguridade do público, dos invitados e do propio equipo, facéndoo compatible co pleno goce da programación e as actividades que terán lugar este ano.
  • La Fura dels Baus contará coa participación de membros da centenaria Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, NN (Nova Normalidade). Nel a compañía catalá salienta o papel do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá ás 21,00 horas o macroespectáculo, dirixido por Carlus Padrissa, e no que están implicados un cento de cantantes, bailaríns e actores.