Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Celebrouse no cemiterio de Boisaca a ofrenda floral con motivo do 20º cabodano do pasamento de Antonio Fraguas organizada polo Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego. O acto enmárcase na ampla programación que se desenvolveu ao longo do ano para divulgar e dar visibilidade ao Día das Letras Galegas dedicado a este autor. Fraguas foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia.
  • Este domingo vai presentar o seu novo traballo discográfico ‘Cántigas e Frores 70 Anos’, un libro-cd con 15 pezas gravadas polos grupos da entidade: Cantareiros, Murga, Coro Galego, Grupo de Cantareiras e Banda de Gaitas e Percusión. Este audio ven acompañado dun libreto que recolle a historia en imaxes dende a fundación da entidade (1948) ata a gravación.
  • O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia reforza con tecnoloxía complementaria os seus sistemas de seguridade ante o valor dalgunhas obras de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21. A mostra, que se inaugura o vindeiro 14 de novembro, exhibirá pezas consideradas xoias do patrimonio universal, como o Mapa de Sawley, a Biblia Kennicott, os códices calixtinos do Vaticano e de Salamanca ou o Cancioneiro da Vaticana.
  • Ao ser o cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, no concello lucense de Paradela, o único de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Paradela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, van celebrar o próximo trinta e un de outubro, nas vísperas das dúas festividades de “Todos os Santos e de Todos os Defuntos” un acto en Paradela de reafirmación do uso do idioma galego.
  • A Fundación Artesanía de Galicia organiza as segundas Xornadas Profesionais Artesanía no Prato. As xornadas consolídanse nesta segunda edición como un evento de referencia para a promoción e comercialización do produto artesanal galego, fomentando un espazo creativo no que se desenvolverán experiencias que evidenciarán o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostalería e a restauración.
  • O venres 23 de outubro, ás sete da tarde no salón de actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Av. Alcalde Anxo López Pérez, 34), celebrarase a Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria, títulos concedidos a Dorothé Schubart e a Pablo Quintana, e o sábado, a partir das dez horas e no salón de actos do edificio da Deputación de Lugo, desenvolverase a XII Xornada de Literatura Oral co tema «Rimas e letras da música popular. Do romanceiro tradicional ao bravú».
  • Neste fin de semana remata a XII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" 2019 coa representación de dúas comedias. O sábado 26, a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presentará INSANIA, unha inquietante comedia de humor negro, sorprendente pola sinxela posta en escena e o traballado papel dos seus actores / actrices. Mensaxe "subliminal" para profesores con síndrome de tensión!!!
  • A Concellería de Cultura do Concello da Coruña activa a cuarta edición de Coruña Dixital, que este ano aposta polo reforzo na iniciación e uso seguro da tecnoloxía dos colectivos de maiores, familias e mocidade. Foi presentada esta iniciativa municipal que ten como finalidade visibilizar e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza nas novas prácticas culturais e creativas.
  • Celebrouse no Pazo de Fonseca a entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame. A I Olimpíada Científica Xuvenil Española inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional (IJSO).
  • O Ciclo Clube Estrella Galicia regresa aos escenarios galegos. A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, e Estrella Galicia renovan un ano máis a súa alianza nunha clara aposta polo talento musical galego. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia ás salas de concertos das catro provincias galegas, “que son o motor da cultura musical máis próximo ao público e o inicio de calquera banda”, como lembrou o presidente de Clubtura, Alberto Grandío.