Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O 18 Congreso da SENC converterá Santiago de Compostela en capital da neurociencia española do 3 ao 6 de setembro, e agarda a participación de máis de 600 asistentes. A temática desta nova edición do foro científico que desde 1985 promove cada dous anos a Sociedade Española de Neurociencia permitirá compartir e debater sobre os últimos avances e achados sobre o cerebro e as enfermidades do sistema nervioso.
  • Os traballos arqueolóxicos e de escavación desenvolvidas ao longo das últimas semanas na Cova Eirós permiten adentrarse no coñecemento dos modos de vida dos grupos de neandertais que durante o Paleolítico medio moraron esta cova radicada na montaña luguesa, e achegan luz sobre as formas de aproveitamento e explotación dos diferentes recursos do territorio.
  • As 15 obras que a compoñen son unha pequena selección dunha colección de 50 cadros promovida pola Asociación Dones del Mar del Grau de Gandía (Adomar) e froito dunha colaboración entre todas as asociacións da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) e fotógrafos e pintores da Comunidade Valenciana. A exposición estivo xa en Gandía e Cariño, e estará en Muros ata o próximo día 31.
  • Celebrarase o venres 23 de agosto ás 20:30 no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña. A entrada é gratuíta por medio de convites que se repartirán na Casa das Ciencias media hora antes do comezo da actividade. A charla leva por título “El Sol y la difícil convivencia con una estrella activa” e será impartida por Héctor Socas-Navarro.
  • Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes.
  • A entrada en funcionamento deste novo portal web será clave para impulsar e aplicar o Pacto en Galicia, porque porá a disposición dos concellos os materiais necesarios para aprobar a súa adhesión, un amplo abano de exemplos de boas prácticas para o deseño dos plans de acción, e referencias de liñas de financiamento dos mesmos.
  • O ciclo DJ’s no Camiño chegará o vindeiro martes 13 a Ordes, por onde transcorre o Camiño Inglés, cun set especial de David Expósito, CDC Djs e Marcos Magán. O espectáculo, terá lugar a partir das 23,30 h. na Alameda desta localidade coruñesa, como arranque das festas patronais de Santa María, e desenvolverase nun gran escenario de 20 metros, con 40.000 watios de son, seis pantallas xigantes, agasallos para o público e fogos de artificio.
  • A lenda estadounidense do rock, Patti Smith, actuará este venres no 33º Festival Noroeste Estrella Galicia. O seu directo é unha das citas máis esperadas do ano, xa que se trata do único concerto gratuíto que a artista ofrecerá este verán no estado. Smith, acompañada pola súa banda, revisará no areal coruñés os grandes éxitos dunha carreira de máis de catro décadas e ateigada de himnos que forman parte da historia universal do rock, como Because the night, People have the power ou Gloria.
  • A feira de artesanía MOSTRART, que se está a celebrar nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, renova a partir de hoxe 13 das súas casetas, ca participación de outros 13 novos obradoiros que suporán un atractivo engadido e a oportunidade de visitar a feira por segunda vez, para encontrar novas e refrescantes propostas creativas. Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983.
  • O festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Medio cento de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes. É a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos.