Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Coma no ano anterior, o obxecto de organizar estes concertos é o de amosa-lo dinamismo desta Serra, cun tipo de música alonxada de estridencias e de masificacións e que soará nos mellores escenarios do mundo, as airas dos pobos do Courel, todos e cada un dos venres do mes de agosto entre lusco e fusco. Tódolos concertos serán de balde, a partires das 20:00h.
  • Máis dun cento de veciños de Boborás e outros participantes chegados de diferentes puntos da provincia de Ourense recrearán a vindeira fin de semana un dos acontecementos históricos máis importantes da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón. Os fitos históricos serán representados por voluntarios da mesma aldea, doutras parroquias do municipio e mesmo doutros concellos da provincia.
  • O Corazón da Artesanía, VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou onte as súas portas en Agolada despois dunha fin de semana na que converteu o recinto histórico-artístico dos Pendellos no epicentro dos oficios artesanais, da gastronomía e da música. Un total de 9.000 persoas acudiron ata Agolada para ver o traballo de 66 profesionais da artesanía, que representaban 27 oficios diferentes, así como visitar os 47 expositores de produtos gourmet.
  • A XVI edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, o CeMAC 2019, analizará as novas fronteiras do audiovisual galego do 9 ao 12 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O tema desta edición, 'Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización', supón unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaseis anos. Ao abeiro do curso, por décimo ano consecutivo, desenvolverase o Taller Audiovisual "Celanova, plató de ficción", baixo a dirección de Paulino Pérez.
  • O Corazón da Artesanía. VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se organiza nos Pendellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, entre o 5 e o 7 de xullo, inclúe un ano máis na súa programación a iniciativa 'Artesanía no Prato', un proxecto no que a Artesanía de Galicia se une coa cociña galega máis vangardista a través de demostracións gastronómicas de prestixiosos chefs galegos.
  • A XXVIII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea homenaxeará, unha vez máis, a un dos produtos estrela da nosa gastronomía, pan con Indicación Xeográfica Protexida que volverá a ser o protagonista en San Cristovo de Cea o vindeiro domingo, 7 de xullo. Esta vixésimo oitava edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea é unha nova demostración de forza co mellor argumento que é este produto, sendo tamén unha foto fixa dunha das tradicións máis importantes gastronómicas de Galicia.
  • ​O Teatro Colón acollerá o mércores 3 de xullo ás 21.00 horas o primeiro concerto do ciclo que se desenvolverá ao longo do mes de xullo na cidade. O gañador dun Grammy Bill Evans actuará xunto á súa banda The Spy Killers, composta por algúns dos músicos máis valorados na escena jazzística internacional. Saxofonista, cantante e produtor, Evans conta con máis de 25 álbums ás súas costas e é, sen dúbida, un dos grandes nomes do xénero.
  • O ciclo está composto por oito andainas nos concellos de Ares, Moaña, Sober, Oia, Cervo, Padrón, Castro Caldelas e Parada de Sil que se desenvolverán do 3 ao 31 de agosto, cun programa que comprenderá actuacións musicais e actividades gastronómicas
  • A Rede Galega de Praias se Fume, que promove a Consellería de Sanidade, suma este ano oito areais en Barreiros e Cervo e un novo concello, o de Chantada coa praia fluvial do encoro de Sangoñedo. Con estas incorporacións, son xa 24 zonas de baño e 13 concellos os adheridos a este programa.
  • Do 3 ao 6 de xullo vaise celebrar en Viveiro o XIV Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España e un dos máis relevantes de Europa. Para esta celebración a Deputación de Lugo aporta 150.000, e calcúlase que o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na provincia de Lugo de máis de 6,6 millóns de euros e de 8,5 en toda Galicia.