Notas
-
A exposición DESTACADOS poderá visitarse o 15 de setembro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Esta exposición comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da colección, non só polo estilo artístico que representan, senón tamén pola importancia e a transcendencia dos seus autores. As pezas reunidas no MARCO permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX.
-
“Hai concellos que apoian certames de narrativa ou de poesía, pero son escasos os que apoian a escrita dramática. Por iso é de agradecer iniciativas como a do Concello de Brión e desexar que teña continuidade”. Con estas palabras Xavier Lama iniciaba o seu discurso tras recibir de mans do alcalde de Brión, José Luís García, o galardón da primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego.
-
O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico.
-
O Comité Español do Día Internacional da Luz (DIL) designou este ano Santiago de Compostela como sede do acto central que, tal e como declarou a UNESCO, ten lugar cada 16 de maio. A Universidade de Santiago de Compostela é, por tanto, a encargada de organizar un evento. No acto participarán 500 asistentes, incluíndo persoal investigador de diferentes universidades españolas e portuguesas.
-
A Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia, que este ano alcanzou a súa 56ª edición, presenta as valoracións da edición recentemente rematada. Despois de recoller e analizar os datos e as opinións dos axentes implicados no evento, o balance que se fai dende a organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) é positivo, xa que se estiman que durante os tres días de duración do evento pasaron polo recinto unhas 25.000 persoas.
-
O Festival Arte pola igualdade nas Letras Galegas chega á súa VIII edición para homenaxear nesta ocasión a Antonio Fraguas cun novo cartel no que participan cinco centros de ensino da Coruña e que se poderá desfrutar este xoves, ás 19,00 horas, no Teatro Colón. A proposta, ademais de renderlle tributo ao autor das letras, pretende fomentar o traballo colaborativo e demostrar que a discapacidade física, psíquica ou sensorial non é impedimento para desenvolver a creatividade e sensibilidade artística.
-
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado da edil de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, asistiu ao ensaio xeral do concerto que a Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá este xoves, 2 de maio, no Pazo da Ópera. A actuación suporá a estrea e presentación ao público do disco Diversos funcionais, un traballo que nace froito do proxecto ​Músicas inclusivas e participativas.​
-
O vindeiro 28 de setembro Ourense acollerá a III Edición do Piano Meeting, unha cita que este ano apostará por achegarse a un público máis novo cun gran concerto a cargo do pianista e director do evento, Javier Otero, e do cantautor ferrolán Andrés Suárez. A Praza Maior de Ourense foi o escenario escollido para dar a coñecer a vindeira edición do Piano Meeting, que nesta terceira edición tamén apostará pola formación dos seus participantes.
-
Ourense converterase esta fin de semana no epicentro dunha grande festa da Cultura. Venres, sábado e domingo, cidadanía e visitantes poderán gozar dunha ampla serie de actividades organizadas polo Concello, en colaboración coa Xunta de Galicia. Jazz, música galega e tradicións únicas coma os Maios, (festa declarada de Interese Turístico) e os entroidos ofrecerán un paquete único e transformarán as rúas no mellor escenario para descubrir a cidade.
-
Entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, diversos espazos de Vilagarcía de Arousa albergarán a segunda edición do Festival Internacional de Música clasclas. Como avance, o festival presentarase o luns 29 en Santiago de Compostela, nun concerto da man da chelista Anastasia Kobekina na compaña da pianista Olga Kobekina, que interpretarán un programa composto por obras de Stravinsky, Prokofiev e Tchaikovsky.