Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A asociación científica e profesional sobre psicoxeriatría máis importante do mundo celebrará a finais de agosto na USC o seu congreso mundial por vez primeira en España. Entre os días 31 de agosto e 3 de setembro, o congreso desenvolverase agrupando a International Psychogeriatric Association (IPA) e a Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG). A IPA aborda a saúde mental das persoas maiores cun enfoque integral e interdisciplinar.
  • A obra gañadora é de Willa Cather (1873-1947), un dos grandes referentes da literatura estadounidense de comezos do século XX, a quen aínda non se podía ler en galego. O xurado da XVIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather. Antía Veres dedícase á tradución, ámbito no que traballa en varios proxectos, entre os cales destacan os de tradución literaria.
  • O venres 9 de agosto, o MARCO súmase, un ano máis, á celebración da Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Vigo que ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio da nosa cidade, desenvolvendo unha programación específica de actividades nos centros da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo, dirixidas á cidadanía e aos visitantes doutros lugares durante estes meses de verán. Nesta noite especial, o MARCO amplía o seu horario de apertura ata as 2.00 da madrugada.
  • O obxectivo desta iniciativa é concienciar á cidadanía sobre a ilegalidade que supón extraer marisco sen permiso de explotación. Para iso en agosto a campaña estará en areais dos concellos de Muros, Mugardos, Noia, Sada, Oleiros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Vigo, Boiro, O Grove, Foz, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Muxía, Marín, Bueu, Dumbría, Cabanas, Carballo, Carnota, Cangas, Redondela, Outes, Fisterra, Miño, Cee e Baiona.
  • A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 35 o xóves 1 de agosto (inauguración prevista as 12 h.), e poderá visitarse ata o día 15 nos Xardíns de Ménez Núñez, frente o Cantón Pequeno. Este ano Mostrart acolle a 56 artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, prácticamente todos acollidos o sistema da marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Madrid.
  • O Consello da Xunta declarou Ben de Interese Cultural 9 esculturas atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu taller procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago de Compostela. Estas pezas e figuras románicas son ben coñecidas, especialmente tras a exposición monográfica dedicada ao Mestre Mateo no Museo do Prado, e que teñen unha cronoloxía comprendida entre o 1188 e o 1211.
  • O vindeiro mércores 24 de xullo terá lugar a primeira das actuacións artísticas do ciclo Experimenta, en colaboración co grupo Tele-Clube de Lugo. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá, ás 20:30 horas, a perfomance Púlsar, que ofrecerán o coreógrafo e bailarín coruñés Javier Martín e o percusionista lucense Luis Casanova. Trátase dun espectáculo de improvisación a nivel de música e movemento que combina batería e danza.
  • O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas chega a súa décima edición cun completo programa cultural a celebrar os días 27 e 28 de xullo, nos municipios de Manzaneda e da Pobra de Trives. A presentación deste evento cultural tivo lugar en Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; os alcaldes de Manzaneda e Pobra de Trives, Amable Fernández e Patricia Domínguez; e o director de Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
  • Foi unha reunión de traballo, un primeiro contacto. O obxectivo é o de colocar Ourense como referente de espazos naturais e proxectos ambientais. Con esa intención reuníronse esta mañá, no Concello de Ourense, o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, cos biólogos Emilio Carral Vilariño e Antonio Estévez Prieto, destacados investigadores de proxectos medio ambientais, tanto no eido académico coma no privado, respectivamente.
  • O Galician Freaky Film Fest volverá cunha terceira edición (se contamos a primeira edición denominada 0) a cidade de Vigo coa intención de ateigala de zombies, vampiros, lobishomes e montar unha auténtica festa da cultura freak tan incorporada no ADN de toda a xeración Xabarín. As obras deberán pertencer ó mundo freak, entendendo isto como a serie B, o terror, a ciencia ficción, o cine fantástico ou a parodia dos mesmos, pero tamén a calquera outro xénero.