Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor.
  • Presentouse a cuarta edición desta campaña de concienciación e sensibilización que ten por finalidade, impulsar a cultura da separación de residuos de envases lixeiros e papel-cartón para a súa reciclaxe, é dicir, fomentar o coidado da contorna, do medio natural e da biodiversidade. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo nos meses nos que se concentra o maior número de peregrinos, de xuño a outubro.
  • Os obxectivos xerais desta nova iniciativa de carácter divulgativo son fomentar o coñecemento sobre as prácticas de consumo actuais e como inciden na nosa contorna, contribuíndo para evitalo a un mellor tratamento dos RAEE a través do incremento das actuais taxas de recuperación. Así mesmo, proxectarase a imaxe de Galicia como pioneira en sustentabilidade e educación ambiental desde a infancia, como vía para contaxiar ao resto da sociedade dese mesmo impulso sustentable e ecolóxico.
  • O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.
  • Este xoves será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa “Unha tempada no paraíso”, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer de Manaos co título de “Uma temporada no paraíso”. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a Não amanhece o cantor, de José Ángel Valente.
  • Do 7 ao 27 de xuño en distintos espazos de Compostela terá lugar as Xornadas de Música Contemporánea 2019, que nesta ocasión xirarán en torno á Diáspora. O programa presentárono esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo; e o director do CGAC, Santiago Olmo, todas institucións organizadoras do ciclo xunto á Deputación da Coruña.
  • O 7 de xuño no Edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) terá lugar a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente polo programa Woman Emprende da USC e a Concellaría de Desenvolvemento Económico de Santiago. A feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.
  • De Xabier P. DoCampo dicimos que foi un pioneiro, un dos pais da Moderna Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. A el, xunto con outros escritores e escritoras da súa xeración, correspondeulle crear unha nova literatura máis acorde cos tempos e cun concepto de infancia que xa non era considerada unha etapa imperfecta de transición, senón un importante momento da vida, con características propias e necesidades específicas.
  • A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrecerá este luns no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Vibrando en catro cordas’, no que esta artista luguesa que xa se ten convertido nun valor en alza no ámbito da música de cámara, interpretará un amplo repertorio. O concerto que ofrecerá esta música nada no barrio lugués da Milagrosa encádrase no ciclo de novos talentos artísticos ‘Na Calzada’.
  • A tempada comezará con 'Divinas palabras', unha peza de Valle-Inclán dirixida por José Carlos Plaza e coa interpretación de María Adánez e Charo López. Virán despois 'La strada' (a versión para teatro do clásico de Fellini dirixida por Mario Gas e cun elenco conformado por Alfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias) e 'Perfectos desconocidos', dirixida por Daniel Guzmán e á que darán vida Alicia Borrachero, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Elena Ballesteros, Jaime Zataraín, Ismael Fritschi e Inge Martín.