Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 'Recreando personaxes' amosa pegada que as actrices e actores galegos deixaron no noso imaxinario poñéndose na pel de relevantes figuras históricas e literarias.
  • Comisariada por Íñigo Rodríguez, a exposición recolle o máis importante traballo da autora desde os seus anos de formación no Instituto de Belas Artes de Tetuán ata os proxectos máis recentes. As pezas escollidas para Máis alá do Estereotipo mostran a súa versatilidade técnica, con fotografía, vídeo instalación, cerámica, instalación sonora ou neon. Pais é unha creadora Valente e controvertida que aposta nas súas obras por unha arte abertamente política.
  • O Festival Atlántica vén de clausurar oficialmente a súa sétima edición o pasado sábado, 23 de marzo, logo de 12 xornadas que se desenvolveron en 16 concellos diferentes. A cifras deste ano converten ao festival no encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica: 8080 espectadores, 30 artistas e 87 funcións. O festival segue a apostar por funcións para todos, desde bebés ata encontros con maiores e incluíndo pases en lingua de signos.
  • Trece Concellos das comarcas do Barbanza e Santiago participarán nos próximos meses en “Tecendo Soños”, un proxecto de recuperación e divulgación do canto de arrolar dirixido pola soprano noiesa Esperanza Mara. Unha iniciativa que nace co patrocinio dos Concellos de Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Rianxo, Ribeira e Rois, e coa colaboración dos Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son.
  • A décimo sétima edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) presentará os días 1 e 2 de abril no Teatro Principal as producións propias de cinco compañías de danza. Ás catro da USC -DanzaUSCompostela, DanzaUSC-Lugo, ‘Sen Vergoña’ e Schattenidentitäten- que naceron ao abeiro do Espazo de Danza da USC baixo a dirección de Juan Carlos Zahera únese a Aula de Danza da Universidade de A Coruña. A entrada ás funcións é libre e gratuíta ata completar aforo.
  • A 24ª edición do Ourense Film Festival celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. En canto á convocatoria da sección oficial de longametraxes, as bases recollen que poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras...) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten á competición.
  • O colectivo de mulleres artistas 85C ultima a segunda edición do festival punk e feminista: Nas Verzas, máis duras cós cañotos das verduras, que este ano ofrecerá un mercadiño, actuacións na rúa, varios concertos e pinchadas, obradoiros e un faladoiro. Unha grande cita cultural que terá como pano de fondo a relación entre o rural galego e a escena máis underground do garaxe e do punk. "O noso lema fai lembranza ás nosas avoas, esas bravas que loitan cada día na súa casa, no campo, coa súa familia…"
  • "Meeting Ourense" analiza a xestión e comunicación pública nun encontro que reúne a políticos, xornalistas, consultores, académicos, funcionarios, estudantes e profesionais do sector, para compartir experiencias e debater sobre as novas tendencias de goberno mundiais. A presentación das xornadas tivo lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel", nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, o director do Instituto IMC e o profesor de George Washington University Armando Briquet.
  • Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu acaban de incorporar a súa obra ao Xardín das pedras que falan, localizada a carón do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela. Por cada un dos novos autores/as descubriuse unha pedra cun breve fragmento da súa autoría que pasarán agora a conformar unha espiral de palabras iniciada a mediados do pasado ano con Rosalía de Castro.
  • A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global estas mudanzas son produto da rapidísima urbanización, a descentralización política-admtva e a multiplicación das interdependencias globais. Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics.