Notas
-
En 1993 o Camiño de Santiago foi declarado Patrimonio da Humanidade e nestes 25 anos cambiaron moitas cousas e non todas para ben. O mellor valor da cidade é unha imaxe de marca internacional baseada no patrimonio, material e intanxible, excepcional de Santiago. O seu éxito cambiou e cambiará aínda máis a cidade e as súas xentes, xerándolles problemas debidos á presión do turismo de masas e a que os veciños se ven desbotados destas tendencias.
-
O cuarteto de Austria Vienna Clarinet Connection será o encargado de pechar a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense "Pórtico do Paraíso" e compartirá cartel con outras agrupacións procedentes de Galicia, España, Italia, Suíza e Reino Unido, convertendo do 15 ao 24 de marzo a provincia de Ourense na capital da música clásica de Galicia con carácter internacional. Este evento cultural foi presentado no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
-
O patrimonio cultural da provincia volve a ser a imaxe da Semana das Industrias Culturais e Creativas, "Ourense ICC Week" que organiza a Deputación de Ourense e que nesta quinta edición centra a súa imaxe no Xadrez de San Rosendo, oito misteriosas pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense e que constitúen un dos vestixios máis antigos deste xogo en toda Europa.
-
A Fundación DIDAC e DKV Seguros inauguran o proxecto ‘Con_secuencias. Colección DKV’, consistente en tres exposicións que ocuparán outros tantos espazos culturais de Compostela como son a Igrexa da Universidade, a Fundación Museo Eugenio Granell e a Fundación DIDAC.
-
O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, inaugúrase oficialmente a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade. Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.
-
Afundación, a Obra Social de ABANCA, no seu propósito de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades, presenta este mes de febreiro novas propostas lúdico-educativas vinculadas a «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», un proxecto expositivo que ilustra a relación entre as artes plásticas e a música, con obras de Picasso, Kandinsky ou Lugrís.
-
O programa PEL-Concello Dixital permitirá a contratación de técnicos especialistas que darán soporte in situ e acelerarán a implantación da e-administración nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. A través desta iniciativa a Deputación da Coruña fomenta a creación de emprego, a formación e a cualificación do persoal da administración local.
-
A Exposición CROMATOPÍA desenvólvese coma un relato emocional no que o escenario de cor-espazo provoca que poidan coexistir distintos cronotopos que se artellan e relacionan na trama textual e cromática, creando unha atmósfera especial e un determinado efecto nas emocións dentro dun diálogo entre a obra e o espectador. Destaca a busca da artista orientándose cara a novas dimensións emotivas e concenptuais, afastándoa da realidade sen deixar de concebila.
-
O concello de Ortigueira presentou en FITUR o Festival do Mundo Celta, acompañados por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia. A cita de 2019, que chega ao seu 41º aniversario, celebrarase do 11 al 14 de julio. O acto tivo lugar no stand de Galicia 9C07 da Feira Internacional de Turismo (Madrid). Nel presentouse o cartel oficial do festival, o avance da programación 2019 e proxectouse o vídeo resumo da edición anterior.
-
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. Inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías para «lembrar e poñer en valor todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra», en palabras de Bieito Romero.