Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música. As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos.
  • A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, comeza este venres en Expourense e reunirá a medio cento de expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). A feira permanecerá aberta durante tres días, pechando o domingo 25 de novembro ás 21.00 horas. Trátase dun evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense.
  • Se o ciclo de recitais da Concellaría de Culturas da Coruña reúne cada mes unha voz en galego e outra chegada de calquera outro recanto do mundo, neste segundo recital da décima edición de POETAS DI(N)VERSOS presentará dous poetas cuxas orixes familiares hai que situar no interior lugués. Será o vindeiro luns 26 de novembro, coma sempre ás 20:30h no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.
  • Quedou aberta a exposición 'Os Micromedios Lucenses', que recolle preto dun cento de publicacións da provincia de Lugo que viron a luz entre 1975 e 1984, nos primeiros anos da democracia. A exposición ten a súa orixe na tese doutoral da profesora Rosa Cal, Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, que estudou a prensa dos "micromedios" galegos neste período da nosa historia.
  • A 3ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 23 e 24 de novembro 2018. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, etc.
  • Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos.
  • Chega a Galicia o evento deportivo "Carreira das cidades" contra o cancro de páncreas que ofrecerá aos participantes unha andaina e unha carreira de 11 quilómetros de percorrido, para dar visibilidade a esta enfermidade e conseguir fondos para financiar a súa investigación. Trátase dunha proba que xa se ten levado a cabo noutras cidades como Las Rozas, Alacante, Terrassa, Roma ou Milán.
  • O ciclo Galicia Importa 2018 chegará á súa fin o sábado 10 de novembro co concerto que a lenda do jazz Ron Carter ofrecerá ás 22,00 horas no Teatro Principal de Ourense, presentando por primeira vez na nosa Comunidade o seu Foursight Quartet. Este será o último dos cinco concertos da actual edición do programa, que organiza Sweet Nocturna.
  • Galicia cuenta con una población total de aproximadamente 2.708.339, de los cuales unos 665.939 son personas mayores de 65, lo que equivale al 24,6 % de su población total, prácticamente 1 de cada 4 habitantes. Este dato está bastante por encima de lo que es la situación nacional, donde el colectivo de mayores de 65 años se sitúa en cerca del 19%. Es, tras Asturias y Castilla y León, la comunidad con mayor densidad en toda España.
  • Será o xoves, 25 de outubro, ás 19,30 horas, na Biblioteca Nodal, organizada polo Ateneo Nacionalista de Lugo