Notas
-
Un total de 325.417 persoas visitaron entre xuño, xullo e agosto unha das catro illas que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta cifra preliminar foi aportada esta mañá pola directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a rolda de prensa para presentar o balance de visitas ás illas do Parque Nacional, onde indicou que se trata de “cifras preliminares”, á espera do peche das bases de datos co fin da campaña.
-
Os dominios dos grandes cabaleiros galegos, os tesouros históricos que ocultan as grandes montañas de Galicia ou os vales e canóns cheos de igrexas, petróglifos ou castros son parte dun escenario paisaxístico e cultural que marcan parte da historia galega. Unha historia que está feita en pedra de indómitos castros, de nobres, de guerrilleiros, de monxes ou de ánimas e mouros que configuran un conxunto de tradicións únicas en España.
-
Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que se desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en cinco peiraos de cada unha das tres zonas administrativas de Portos de Galicia: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), en Pontevedra.
-
O ‘Outono Gastronómico’ trátase dunha exitosa proposta de turismo rural que combina restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos. Os establecementos participantes ofertarán 38 menús diferentes deseñados expresamente con motivo desta cita, e que serán elaborados con produtos galegos de recoñecida calidade. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro.
-
Cinemas de Galicia, o circuíto de exhibición cinematográfica impulsado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), inicia mañá o seu segundo ciclo de programación anual, que se desenvolverá ata decembro en sete concellos. Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove acollen esta nova carteleira, que ofrecerá 24 proxeccións de 11 películas galegas e europeas de recente realización.
-
Este sábado, 8 de setembro, cúmprense catorce anos do pasamento de Manuel María, o poeta da Terra Chá, e un ano máis se vai celebrar, impulsada por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, a ”Memoria da Chaira Enteira”. Terá lugar no seu Outeiro de Rei natal, dando comezo os actos ás 14,30, cun xantar no Restaurante Río Ladra, á beira do río, en terras de Gaioso. Na Carballeira de Santa Isabel terá lugar a entrega de As Navallas do Manuel a Branca Rodríguez Pazos e (a título póstumo) a Moncho Valcárce.
-
Ata o 13 de setembro terá lugar en Santiago un evento no que algúns dos mellores xadrecistas galegos terán a oportunidade de enfrontarse a destacadas figuras mundiais co obxectivo de acadar os títulos de Mestre e Gran Mestre Internacional. O I Torneo Maxistral Cidade de Compostela pretende converterse nunha cita de referencia no xadrez galego, que permita aos nosos xogadores medirse con figuras da elite mundial e poder acadar os títulos de máis alto rango concedidos pola Federación Internacional de Xadrez.
-
A XII edición do Festival Arteficial ofrecerá aos asistentes máis de doce horas de música en directo en catro espazos do conxunto histórico de Ribadavia, o vindeiro sábado, 1 de setembro. A presentación desta celebración cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e os membros da Asociación Arteficial, Uxía Estévez, Alba Doval e Quique Rodríguez.
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou a 12ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, unha proposta que permite gozar de ata 172 menús diferentes en 86 establecementos de toda a Comunidade e pernoitar neles nas fins de semana ata o 16 de decembro.
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Miguel Ángel Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, presentaron dous novos proxectos para posicionar a Comunidade como destino náutico de referencia internacional.