Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Este sábado arranca la 34º Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia, que del 14 al 22 de julio concentrará un total de 21 espectáculos procedentes de 6 nacionalidades diferentes (España, Italia, México, Uruguay, Reino Unido y Portugal), además de actuaciones de calle y un completo programa de actividades pararlelas (talleres, encuentros con artistas, charlas, presentaciones, etc.).
  • A Feira do Libro de Sanxenxo presenta un amplo programa de actividades, que deron comezo cun acto inaugural con pregón do filósofo e catedrático da USC Marcelino Agís. Ata o domingo 15, terán lugar na praza dos Barcos máis de 25 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Presentacións e sinaturas de libros, exposicións, concertos, charlas e coloquios, ademais de actividades infantís, encherán de vida este céntrico enclave da vila.
  • Elman, Tunduru, The Soul Breakers e LOLA foron seleccionados como gañadores do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e actuarán no 32º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o 10 e o 11 de agosto na Praia de Riazor. O Festival, organizado polo Concello da Coruña, colabora un ano máis co Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que este 2018 celebra a súa 20ª edición.
  • A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece case setecentas acutacións nos meses de xullo e agosto ao longo de todo o territorio. Música, danza, teatro, e demais manifestacións artísticas chegarán aos concellos a través do circuito cultural da Deputación. Cun orzamento de case dous millóns de euros, a Rede Cultural da Deputación da Coruña promove ao longo do ano 2018 un total de 1.797 actuacións.
  • Presentouse en Lugo o Blues Museum, segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.
  • A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño chega este verán a Ourense cunha carteleira de 11 actuacións de música e teatro, que abre este xoves día 5 a cantante Lucía Pérez co concerto que ofrecerá ás 22:30 na praza de San Martiño. O ourensán é un dos 103 concellos das rutas xacobeas que colaboran neste programa, organizado por Agadic e Turismo de Galicia co patrocinio de Gadis, que desenvolverá 342 citas culturais ata finais de setembro.
  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, coa publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, avanza os trámites para a concesión das axudas, en tanto o Ministerio de Fomento non formaliza a sinatura do convenio coa Xunta do Plan estatal de vivenda, podendo presentarse xa solicitudes ata o próximo 30 de xullo
  • No ano 1963, e con tan só dúas piraguas canadenses, un grupo de deportistas de Ourense botábanse río Miño abaixo para chamar a atención sobre os deportes náuticos. Hoxe, no salón de plenos municipal, eses mesmos “aventureiros” arroupaban a presentación do 50 Descenso do Miño, que convocará este sábado 23 de xuño en Ourense a medio milleiro de deportistas (497 confirmados) de 38 equipos.
  • Representantes de AGACA no proxecto europeo LeadFarm reuníronse en Compostela para estudar os progresos e avanzar nas seguintes liñas de traballo. Na xuntanza participaron a Organización de Cooperativas Irlandesas, Icos; a unión de cooperativas agrícolas, Coop de France; a consultora estatal participada pola Federación Letona de Agricultores, LLKC, e Changemaker AB, entidade sueca especializada na formación empresarial e de produción de xogos, xestión de proxectos e visualización.
  • A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura de Ourense presentaron no Museo Municipal a 6º edición de Danza no Claustro, que se desenvolverá no Claustro de San Francisco do 20 ao 22 de xuño. “Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns”.