Notas
-
O sindicato censura que o Estado reducise nos últimos anos a súa achega ao sistema de atención á dependencia (SAAD): en vez de sufragar a metade, como marca a lei, só cobre a cuarta parte. O informe destaca que o 17,64 % das persoas dependentes non recibiron en 2017 a prestación a que tiñan dereito.
-
A Fundación Pública Artesanía de Galicia colabora nos Días Europeos da Artesanía co apoio a diferentes proxectos que se organizan en diferentes localidades galegas. Demostración de oficios artesáns, talleres gratuítos, exposicións, charlas e a apertura de obradoiros artesanais ao público, actividades que conmemoran os Días Europeos da Artesanía.
-
O dispositivo posto en marcha este ano, e presentado en Pedrafita do Cebreiro, estará composto por motoristas da agrupación da Garda Civil de Tráfico e do Seprona, así como por cabalos do Escuadrón de Cabalería e axentes de Seguridade Cidadá. A Policía Autonómica despregará patrullas nos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago.
-
Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro.
-
Galicia aboga por una PAC que permita mantener el número de agricultores y ganaderos, con unos niveles de renta dignos. Se trata de garantizar la actividad agrícola y el mantenimiento de una parte importante de las explotaciones, es decir, de un rural vivo y activo, así como de asegurar la adecuada contribución de los agricultores a la defensa del medio ambiente.
-
Agadic e o Concello lucense realizan un investimento conxunto de máis de 14.500 euros nas cinco actuacións que o Auditorio Municipal Gustavo Freire acolle ata xuño como espazo asociado a este circuíto. Impulsada pola Xunta en colaboración coas entidades locais asociadas, a Rede ofrecerá ata xuño 346 actuacións en 37 municipios.
-
Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.
-
A candidatura Cíes-Illas Atlanticas, na final para ser Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en ParísO conselleiro de Cultura e Educación reuniuse coa directora do Centro do Patrimonio Mundial, Mechtild Rössler, e coa embaixadora de España ante a UNESCO, Teresa Lizaranzu. O Goberno galego amén respaldou diante da UNESCO a futura inclusión na Lista do Patrimonio Mundial das candidaturas, nomeadamente as da Ribeira Sacra e a do Ferrol da Ilustración.
-
“Lugo existe, Ourense existe, o Interior de Galiza tamén existe”. É a reivindicación das deputadas nacionalistas por estas provincias. Olalla Rodil: “Viaxar por tren entre Lugo e Santiago son 5 horas, o dobre que entre París e Londres, custa 30,20€ e precisa un transbordo”. Noa Presas: “Se non hai novidades, volveremos levar o debate da estafa do Avant ao Parlamento”.
-
En Marea reclámalle ao Goberno do Estado que interveña no proceso de venda do Pazo de Meirás “canto antes para impedir que pase a mans de terceiros” mediante a incorporación da Abogacía do Estado. En Marea saúda os consensos das comisións de expertos creadas que afirman que hai que recorrer aos tribunais para que o pazo pase ao patrimonio público.