Notas
-
O nacemento está situado na nave central, ten unha extensión de 60 metros cadrados e presenta ao redor de 600 figuras, algunhas delas en movemento. A directora de Turismo de Galicia asistiu hoxe á inauguración a cargo do cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo.
-
Así lo destacó la directora general de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, en la feria que ensalza este producto en la capital chairega. Belén do Campo destacó también que “la de este año va a ser la primera feria que se celebre después de la inclusión de la IXP Capón de Vilalba en el registro de la UE”.
-
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras denuncia a «clara falta de vontade política» da Xunta de Galicia para a posta en vigor «efectiva» da Lei de inclusión social. A secretaria de Emprego e Previsión Social, Maica Bouza, afirma que «a situación é moito peor que coa lexislación anterior» e lamenta que se chegara a iso pola actitude do Goberno galego.
-
O deputado Antón Gómez-Reino rexistrou unha batería de preguntas, tanto escritas como orais, á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para preguntar polos motivos polos que o Goberno non pediu axudas á Unión Europea para paliar os danos dos lumes.
-
O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei para solicitar á Xunta iniciativas precisas para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, mediante accións que permitan promover o debate e sensibilizar á sociedade galega arredor da importancia e valor do patrimonio cultural galego, e transmitir a diversidade e o diálogo intercultural.
-
O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que “demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia”. Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado.
-
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, perfilou unha “axenda de traballo intensa para presentar un proxecto galego e galeguista dende a esquerda”. Os socialistas galegos, explicou, iniciarán unha folla de ruta “a pé de país” con xuntanzas itinerantes da dirección dirixidas a intensificar a súa presenza nos concellos.
-
O Concello abre ata o día 21 de decembro o prazo de inscrición para os establecementos interesados en participar neste evento gastronómico, que se desenvolve coincidindo co Entroido. O seu obxectivo é potenciar a cidade como destino gastronómico durante o Entroido coruñés a través do menú característico e popular da época.
-
El recital de la Real Filharmonía de Galicia, dentro de su Temporada de Música Clásica, está previsto para el 15 de diciembre en el Teatro Afundación de Vigo y contará con Antoni Wit como director. Se incluye en la iniciativa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» que permitirá acudir de forma gratuita a estudiantes de ESO y BAC.
-
Ademáis, o PSdeG considera que a nova normativa invade competencias locais e advirte de que esta cláusula supón “un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas”. Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”.