Notas
-
“Ourense volve quedar á cola nos Orzamentos da Xunta para 2018”. Manifestouse o rexeitamento de En Marea ás contas da Xunta que volven deixar a provincia e a cidade de Ourense como a máis castigada polas contas do goberno galego en áreas fundamentais coma a Sanidade, a Xustiza ou as Infraestruturas.
-
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, “que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”.
-
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 10 de novembro unha dobre función de “Redondo” unha obra de teatro para bebés que chega da man de Caramuxo Teatro. Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia durante 30 minutos. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos. Juan Rodríguez da vida a esta obra de teatro para bebés que dirixe Laura Sarasola.
-
O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na cidade.
-
A deputada socialista Noela Blanco sinala que a declaración da Festa do Polbo como de Interese Turístico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional.
-
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra en proxeccións, número de premiados, xornadas e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Inaugúrase co filme La Villa, do ealizador francés Robert Guédiguian, no Teatro Principal.
-
Acordouaw interpoñer unha demanda de xuízo ordinario contra Carmen Franco y Polo para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello de Santiago. O alcalde deu conta desta decisión para que a herdeira do ditador proceda á devolución das pezas.
-
A conservación do patrimonio natural e a loita contra o cambio climático serán materias prioritarias nas contas de Medio Ambiente para o 2018, que se elevan a máis de 280 M€. A conselleira presenta o orzamento do departamento que dirixe, co que tamén se mantén o compromiso coa mellora da calidade das rías galegas e darase un novo pulo á paisaxe.
-
A decisión tomouse na xuntanza da Mesa do Congreso este martes, na que se votou en contra da reconsideración que presentou En Marea sobre o veto ao debate da lei aprobada no Parlamento galego que pide a transferencia da AP-9.
-
Este nuevo montaje teatral ayudará a transmitir a los más pequeños cómo sus decisiones pueden influir en la economía familiar. Está previsto que asistan a las representaciones 9.000 escolares de toda Galicia. Esta nueva propuesta escénica se presenta bajo el título ‘Laberinto’ y ha sido encargada por Abanca a la compañía teatral Zarándula.