Notas
-
"Il segreto di Susanna" estréase o 16 de decembro no Teatro Principal de Compostela. A dirección escénica recae en Pazó. Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio do noroeste italiano de Piamonte.
-
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle ao presidente da Xunta que “erga a bandeira de Galicia” para “plantarse” diante de Rajoy e reivindicar as infraestruturas pendentes .Os socialistas preguntaranlle a Feijóo no vindeiro Pleno polo esforzo do Goberno central en relación co impulso ás infraestruturas en Galicia.
-
ATRIFOGA considera que, en este escenario, la Administración debe cambiar su estrategia para hacer frente a una nueva tipología de grandes incendios forestales, explosivos y simultáneos, dando prioridad y haciendo realidad políticas preventivas que disminuyan los riesgos y minimizen las pérdidas ocasionadas por incendios.
-
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25N, o PSdeG amosa o seu compromiso e prioridade nesta cuestión e presentará a nivel local mocións contra a violencia que se exerce cara as mulleres. Os portavoces do PSdeG nos concellos esixen ao Estado ese compromiso económico e a devolución de competencias aos concellos.
-
O BNG demanda para Galiza un novo modelo de financiamento e propón un concerto económico similar ao que ten o País Vasco, cuxa actualización do seu sistema de cupo para o quinquenio 2017-2020 conta co apoio e os votos favorables do PP no Congreso: “O PP apoia en Madrid o cupo vasco, pero ese mesmo PP impide un cupo galego".
-
Estará tamén activa a alerta laranxa por vento nas provincias de Lugo e da Coruña. A partires das 9,00 horas de mañá quedan suspendidas as actividades escolares ao aire libre na provincia da Coruña e na Mariña de Lugo. A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org
-
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición da Maker Faire Galicia, acompañada da organizadora do evento, Matilde Rodríguez. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura da capital galega.
-
O programa Ponnos verde! levarase a cabo todos os sábados entre o 2 de decembro e o 24 de marzo, con parada nas vacacións de Nadal. Trátase dunha iniciativa da Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua para implicar á poboación na conservación ambiental.
-
Nesta ocasión o pregoeiro será Alfonso Cabaleiro, director de Galicia Calidade. O acto de apertura celebrarase o día 2 de decembro a partir das 18.00 horas, primeiro na igrexa parroquial de Begonte e posteriormente no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, coa apertura do Belén e do Museo José Rodríguez Varela, anexo ao Belén e que leva o nome do seu creador.
-
A mostra, que chega á Cidade da Cultura o 27 de abril, exhibe unha escolla de imaxes de contido social e de retratos de escritores e intelectuais. Juan Manuel Bonet compromete os esforzos do Instituto Cervantes para dar a coñecer dentro e fóra de España a un interesante referente na fotografía do século XX.