Notas
-
“O mais grande de Galiza está até a cona" é o lema da campaña do BNG para o 8 de marzo. A voceira da formación nacionalista Ana Pontón xustifica que esta iniciativa “rompe co politicamente correcto porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”. Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas”.
-
Pontón critica as “campañas paternalistas” porque as mulleres “non queren ser o máis grande de Galiza, senón ter igualdade salarial”. Apoio total á folga de mulleres convocada pola CIG para o 8 de marzo con paros laborais de dúas horas nos centros de traballo. O BNG propón consensuar unha Lei galega pola igualdade salarial para poñer fin á discriminación.
-
O Teatro Principal da capital de Galicia acolle a estrea do último espectáculo de Talía Teatro. A compañía compostelá celebra 30 anos de historia e faino con O servidor de dous amos, unha volta ao texto clásico do teatro italiano cunha re-invención da obra de Goldoni que dirixe e adapta Diego Rey. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, ás 20:30h.
-
O Meco é un ano máis o protagonista do Entroido en Santiago. A figura deseñada por José Manuel Méndez arranca o sábado 10 de febreiro o seu xa tradicional desfile dende a praza de Cervantes ata a do Toural, á fronte dunha festeira comitiva animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.
-
Avanza que sanidade pública e pensións protagonizarán as primeiras iniciativas que presente ante o Parlamento europeo, tras a mobilización social en defensa dos servizos públicos. Tomará posesión do escano no plenario de Bruxelas o 28 de febreiro, relevando a Josu Juaristi dentro da coalición Os Pobos Deciden na que o BNG concorreu aos comicios europeos.
-
O programa municipal Coruña Dixital, impulsado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, porá en marcha este mes de febreiro unha nova iniciativa, o Kit de Activación Dixital. A proposta é unha ferramenta web que pretende ser un punto de encontro e guía para por en común experiencias, retos e recursos cos que expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e innovación audiovisual.
-
O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou en rolda de prensa a falla de execución por parte do Ministerio de Fomento de máis de 2.308 millóns de euros “Estamos ante un engano que nos deixa sen tren, nos fai perder o tren da competitividade da nosa economía, do progreso, da creación de emprego, das posibilidades de futuro económico do noso país” asegurou Villares.
-
A edición de fotografías antigas de Juan Vila ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo. Dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. O Concello anuncia a creación dun arquivo municipal da imaxe.
-
En Marea rexistrou no Congreso unha Proposición de Lei para a transferencia da AP-9 a Galicia e unha PNL para o seu debate en Fomento e Facenda para eliminar os privilexios fiscais ás concesionarias das autopistas como Audasa. En Marea reivindica esta medida e asume que "sumamos forzas con esta acción a unha reclamación unánime no noso país, que é o fin da estafa coa AP-9”.
-
Gonzalo Caballero: “No PSdeG temos iniciado un tempo novo, con novos referentes e coa incorporación doutra xeración, co reto de convencer á sociedade de que Galicia precisa un cambio”. O secretario xeral do PSdeG advirte contra a “recentralización” como resposta ante as eivas do Estado das Autonomías e aposta pola calidade de vida dos cidadáns.