Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O secretario xeral do PPdeG. Miguel Tellado, anunciou que en cada unha das cidades galegas o PPdeG poñerá en circulación o seu propio xornal, en papel, “co que pretendemos chegar aos veciños”. Di que o PPdeG é o único partido capaz de ofrecer un programa propio en cada cidade pero coherente cunha formación política unida.
  • O BNG organiza un acto simbólico diante do Museo Xelmírez para reivindicar a devolución ao patrimonio público as esculturas de Abraham e Isaac expostas na mostra adicada o Mestre Mateo, no Museo da Catedral de Santiago e califica de "vergoña democrática que os Franco sexan propietarios de dúas esculturas do Pórtico da Gloria" da catedral compostelana.
  • Alcaldes e representantes de cogobernos municipais do BNG denuncian o “impacto negativo” no redeseño do transporte escolar, liñas e horarios e un proceso sen “diálogo e transparencia” cos concellos e a Comunidade educativa. Para a portavoz do BNG, o novo plan de transporte da Xunta naceu como “un recorte encuberto” e o deterioro do servizo.
  • O primeiro filme galego-cubano de animación poderase gozar o 6 de setembro ás 22:00h no campo da festa. A fita conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Trata dnha praga de insectos que estragan a colleita do campo no que vive e mais o encontro co espello máxico da media laranxa don os sucesos que o levarán á aventura.
  • O Grupo parlamentario rexistrou unha proposición non de lei co fin de iniciar o debate na Cámara galega para cambiar o actual status político de Galiza e a aumentar o autogoberno. Pontón afirmou que existen problemas estruturais que “o actual marco autonómico non é capaz de resolver” como "“a crise demográfica, despoboación, máis desigualdades, deterioro no territorio, lingua e cultura".
  • Vigo ha acogido la presentación oficial del II Memorial Quino Salvo de baloncesto, que se celebra este fin de semana con el partido Obradoiro-Barcelona como punto central. Asistieron el alcalde, Abel Caballero, miembros de la familia de Quino Salvo, y representantes de los patrocinadores y de los equipos que participarán en un torneo de minibasket que también se incluye entre las actividades.
  • O xoves 31 de agosto a praza da Quintana acollerá a segunda Noite Curta que servirá para despedir o mes de agosto. Unha sesión gratuíta ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas. Os títulos que compoñen a escolma realizada polos programadores de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, contarán con representación galega, da man do cineasta coruñés Alberto Vázquez o do lucense Adrián Canoura.
  • El Ayuntamiento de Ourense presentó la programación infantil del Auditorio Municipal, que entre los meses de septiembre y diciembre ofrecerá 21 propuestas de teatro, música, danza y circo, además de la XIV edición de la Muestra de Teatro Infantil. La Consellería de Cultura colabora en esta cartelera a través de la Red Gallega de Teatros y Auditorios, circuito de distribución de espectáculos gestionado por la Agadic.
  • 'Vive o Camiño' é unha iniciativa de promoción e dinamización do Camiño Inglés que durante as próximas semanas encherá de música e teatro as rúas e prazas dos 18 concellos que forman parte deste itinerario xacobeo. Este programa cultural servirá nos dous próximos meses como vehículo de transmisión dos valores xacobeos.
  • As prazas enchéronse de xente rindo a esgalla na última semana en Vilagarcía. Na función menos concorrida da Mostra Internacional, no escenario da Praza de Galicia ás 21.30 cada noite, habería unhas 700 persoas. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, chegou á súa fin nesta edición, a terceira en Vilagarcía de Arousa, por todo o alto.