Notas
-
Xavier Campos: “Propoñemos un novo proxecto de país inclusivo e beneficioso para a grande maioría social, nacionalista ou non nacionalista”. Quere converter o 25X nunha gran mobilización social en contra da discriminación do Estado coa sociedade galega.
-
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 530 quilos de diversas especies e 354 útiles de pesca en diversos controis realizados nos últimos días. Os axentes tamén incautaron un total de 3.000 metros de aparellos de enmalle.
-
Terra da Fraternidade é unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017 e terá lugar do 14 ao 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega: Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, Abe Rábade, The Lákazans e García MC.
-
Celebrarase do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón e, aínda que o cartel mantense en segredo, a organización anuncia que un 90 por cento dos seus artistas actuará por primeira vez en Galicia. Os 20 concertos programados van do folk á electrónica, pasando pola revisión da tradición e a psicodelia.
-
A banda asturiana Fasenuova e a mexicana Carla Morrison completan a primeira semana do ciclo de música ao aire libre Atardecer no Gaiás. O Museo Centro Gaiás acolle o domingo 9 de xullo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que participarán 14 formacións.
-
O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, informou dos temas que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno no que forzará ao Goberno galego a dar explicacións ante a súa xestión caótica ante problemas fundamentais para país.
-
Ata o xoves 6 de xullo, celébrase a 3ª edición do Obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef rganizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Desta volta trátase de tres xornadas que se repetirán do 11 ó 13 de xullo para quen non puidera asistir nesta primeira semana.
-
O conselleiro de Cultura e Educación participou nos actos do segundo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que tiveron como colofón a colocación dunha placa conmemorativa no interior da Catedral de Nosa Señora da Asunción. Anticipouse tamén a musealización da casa de Cunqueiro ou as futuras actuacións no xacemento arqueolóxico dos Castros.
-
O BNG quere aproveitar o último pleno ordinario deste período de sesións para pedir contas a Feijóo. Ana Pontón fai balance politico deste semestre: “Pregutarémoslle a Feijóo se ten gañadas as vacacións, porque o BNG cre que merece un suspenso como unha catedral”.
-
Esta medida inscríbese na Estratexia do autónomo 2020, dotada con 40 millóns de euros anuais ata o final da década. Oito de cada dez euros dos fondos previstos para os autónomos ao longo de todo o ano activaranse en xullo xunto coa Oficina do autónomo e a bonificación na cota da Seguridade Social do empregado en caso de maternidade ou paternidade.