Notas
-
A igrexa lucense de San Pedro acolle o sábado, 24 de xuño, ás 20:00h., o concerto de fin de curso do Orfeón Lucense baixo a batuta de Marcos M. Fernández Mosquera. Nesta ocasión estará a compañado da Coral do Liceo de Ourense dirixida por Yolanda Grela.
-
Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
-
O Teatro Afundación acolle o xoves 22 de xuño ás 20,30 h. a montaxe coa que a compañía pública leva a escena, por vez primeira en galego, os esperpentos de Valle-Inclán "As galas do defunto" e "A filla do capitán". A produción regresa á sede do CDG en Santiago para ofrecer as últimas exhibicións do 28 de xuño ao 16 de xullo.
-
Unha delegación da Comisión de Recursos Naturais do organismo rexional visitou unha explotación gandeira e unha queixería, para coñecer de primeira man o sector da produción e a transformación do leite na nosa comunidade. Os responsables do Goberno galego insistiron na necesidade de simplificar a PAC e manter os apoios públicos para lograr incorporación de mozos ao agro.
-
Dentro de dous meses produciríase o rexistro definitivo deste selo de calidade. A indicación xeográfica protexida "Capón de Vilalba" aplícase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. Son razas semipesadas e de crecemento lento -sacrifícanse cunha idade mínima de 150 días-.
-
O concerto de apertura da quinta edición contará cunha estrea mundial do compositor Toshio Hosokawa a cargo de Vertixe Sonora Ensemble. A performer e calígrafa nipoa Aoi Yamaguchi, e a videoartista Masako Hattori participan na sesión inaugural en Pontevedra. Trátase da estrea mundial de “Souvenir aus Japan”, dúas estreas en España e a reestrea dunha partitura de 1981, perdida e agora recuperada.
-
Presentouse a cuarta edición da campaña "Para estudar, Lugo", que contribuíu a elevar ata o 71% o nivel de ocupación das prazas ofertadas. Ofrécense descontos do 50% do custe da matrícula nun total de 10 graos dos 15 que se imparten no Campus Terra. Aumenta tamén a oferta de cursos de verán da USC.
-
Con esta declaración, esta festividade súmase ás máis de 130 festas de interese turístico coas que conta a Comunidade galega. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuníronse coa directiva da Confraría da Semana Santa desta localidade coruñesa.
-
Está baseado en tres eixos de actuación: a mellora da calidade de vida das persoas maiores, o fomento das políticas que teñen que ver coa conciliación nos contornos de carácter rural e a innovación sociosanitaria aplicada ao benestar da poboación, según se expuxo na reunión de traballo da Macrorrexión do Sudoeste de Europa (RESOE).
-
O alcalde da capital de Galicia presentou os primeiros cinco volumes da Colección SELIC, que nace ao abeiro da Semana do Libro de Compostela. Martiño Noriega salientou que se trata dunha "biblioteca creada ad hoc, co obxectivo de que a SELIC deixe pegada". Suso de Toro agradeceu a iniciativa do Concello porque "é importante crear unha biblioteca da cidade".