Notas
-
A concellería de Mocidade, Noa Morales, presentou a primeira gran cita da Ascensión 2017: o concerto de Los40 Trending on Stage. A edil estivo acompañada polo director rexional da Cadena SER en Galicia, Jordi Jordá, e polo coordinador rexional da emisora, Gabi Davila. Os artistas "son novos valores que están impulsando a súa carreira en Internet" onde se fixeron virais.
-
O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales o 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente. Este acto considérase orixe e semente da creación da actual Unión Europea (UE).
-
“Un destino tranquilo pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos turísticos e experiencias diferentes a outros lugares”, dixo o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, na presentación da Estratexia de Turismo de Galicia 2020.
-
A LVII edición desta celebración contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. A festa é de Interese Turístico Nacional en recoñecemento á súa antigüidade e á súa singularidade.
-
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, inaugurou este evento no que participan unha vintena de artesáns e que se celebra ata o 7 de maio. Salienta a aposta da Xunta pola comercialización, o mantemento e a divulgación dos oficios tradicionais. Na feira participan máis de vinte artesáns que se dedican a actividades como a xoiería, a pintura, a cerámica ou o coiro, expoñendo numerosas pezas de calidade.
-
La muestra, Ecologías del Drama, gira en torno a la relación del ser humano con la Naturaleza, acoge cinco videoinstalaciones, una serie fotográfica y una serie de dibujos. Ecologías del Drama, que se podrá visitar hasta el 10 de septiembre de 2017, es la primera exhibición individual completa de Eija-Liisa Ahtila en España.
-
Anova comprométese firmemente a contribuír a sumar unha maioría nas institucións, mais tamén nas rúas e nas prazas, nos espazos da sociedade civil, como xa se fixo no 15M, para dar pulo a un cambio de goberno e abrir un horizonte de revolución democrática co obxectivo de erradicar un réxime de dominación conservadora asentado na corrupción.
-
O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía na presentación da II Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal o 20 de maio. A Gala do Libro Galego é unha iniciativa que unifica tres iniciativas: os Premios da Irmandade do Libro; a Gala das Letras e a Noite da Edición, da Asociación Galega de Editores.
-
O xurado ditaminou outorgar por unanimidade o galardón que concede a Deputación de Ourense, aos xornalistas Patricia Abet, Abraham Coco e Elena Pérez pola serie de reportaxes titulada Las mil Galicias. O premio, dotado con 3.000 euros, entrégase o 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa, en Ourense.
-
O Orfeón Lucense será o sábado, día 29, anfitrión da Coral de Don Benito (Badajoz), e xuntas ofrecerán un concerto ás oito e media do serán, na igrexa lucense de A Nova.