Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Segue a aumentar en 2016, en cambio, o número de galegos xa nados no Exterior. Os cidadáns que xa residían fóra e adquiriron a nacionalidade, e os fillos de galegos da diáspora, configuran as novas incorporacións ao PERE. O número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes) redúcese en 615 persoas, según o INE.
  • O Concello da Coruña destacou a alta participación de cociñeiras, cociñeiros e profesionais da hostalería locais no evento, ao que asistiron máis de 23.000 persoas e que contou por vez primeira co gastrofestival A Coruña Sabe, “unha boa oportunidade para visibilizar a oferta culinaria da cidade” e que “terá continuidade nos próximos anos”, según o concello.
  • Inaugúrase en Fonseca a mostra ‘A cidade no tempo’ que dá conta da cidade compostelá a través da cámara de Manolo Blanco, poñendo en valor o fotoxornalismo e o labor gráfico desempeñado por un fotógrafo que xa é tamén parte da historia de Compostela retratando a vida cotiá, o barullo das prazas, o mercado, as protestas, a Universidade, as festas…
  • A iniciativa reúne o 2 de xuño en Mondoñedo a rapaces e rapazas dos conservatorios profesionais de música de Galicia, que cantarán os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño para poñer en valor a poesía e a música na transmisión da cultura e da lingua, e recoñecer o esforzo do alumnado de música.
  • A compañía de Teatro Voadora representa a súa versión do Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Con dirección de Marta Pazos, faise unha versión libre que afonda en temas profundos e actuais como a revolución feminista ou a realidade de xénero, en clave poética, divertida e musical.
  • Estarán representadas preto de 20 cooperativas que poderán establecer contactos e relacións comerciais, ao tempo que participarán en encontros con 12 importadores estranxeiros. Xunta e Consello Galego de Cooperativas contarán cun stand no evento onde se informará sobre as vantaxes da economía social e as súas potencialidades.
  • O presidente da Xunta visitou o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo), e destacou a súa rehabilitación como unha obra patrimonio de todos os galegos que contribuirá a engrandecer os Camiños de Santiagoe reforzar o potencial do Camiño para que 2017 volva ser un ano récord de peregrinos como foi 2016 e para preparar o mellor Ano Santo Xacobeo no vindeiro 2021.
  • O secretario xeral de Política Lingüística presentou a nova proposta que chegará da man de Galaxia a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A iniciativa réndelle tributo a Carlos Casares cunha adaptación teatral da coñecida obra do autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2017. Representarase o venres 10 de marzo en Foz e o sábado día 11 en Mondoñedo.
  • A Xunta aposta por impulsar a presenza das mulleres nos espazos de decisión e liderado, como ferramenta para conseguir inverter as tendencias das desigualdades, especialmente as de xénero. Apela á conciliación e a corresponsabilidade para acadar a igualdade real cos dereitos laborais.
  • As encargadas de conducir o espectáculo serán As Fillas Bravas, unha creación de Chévere dentro da súa liña de teatro con perspectiva de xénero. Son tres mulleres maiores que percorren aldeas, vilas e cidades cos seus cantos emancipatorios, recollendo a tradición dos cantos femininos para elaborar un discurso empoderador.