Notas
-
A conferencia programada polo CDG e a ESAD na biblioteca do Salón Teatro de Compostela o martes 14 de marzo correrá a cargo do profesor belga Jerôme Maeckelbergh, deseñador de escenografía en máis de 50 producións teatrais, premio Europa Nostra 2014 e recoñecido divulgador do patrimonio escenográfico teatral.
-
Participará na manifestación que o domingo sae ás 12.00 AM da estación do tren en Santiago. Tamén se sumará ao paro de mulleres de media hora do mércores 8 de marzo.
-
O Goberno galego concede préstamos a interese bonificado con medio millón de euros, e co obxectivo de inducir un investimento de 9 millóns. Os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM: un fogar con 3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano.
-
Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta compoñen o elenco da nova produción propia do CDG. O espectáculo estréase o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela e leva a escena por primeira vez en galego as pezas de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.
-
O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza o xoves 2 de marzo, a partir das 20.45 horas. O obxectivo desta iniciativa é afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada pola xacemento.
-
As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia.
-
Os peiraos autonómicos moveron 121.500 toneladas de mercadorías en xaneiro e as dársenas con maior actividade foron Ribadeo, Cee e Cariño. Según as cifras do Goberno galego, nos peiraos dependentes da Xunta descargáronse ata o 31 de xaneiro preto de 7.000 toneladas de peixe, un 11% máis que no mesmo período de 2016.
-
A directora de Turismo de Galicia destaca a aposta da Administración autonómica por poñer en valor o patrimonio botánico a través da Ruta da Camelia que xa é todo un referente internacional”. O Comité da Ruta da Camelia será un “paso definitivo” para profesionalizar os xardíns.
-
O certame premiou este ano a 117 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
-
Campos Conde presenta en marzo o Orzamento para 2017, dotado de 84,8 millóns, no que incrementou as aportacións para emprego, servizos sociais e infraestruturas. O Presidente inclúe un Plan Único de 20 millóns de euros, que se distribuirán con criterios obxectivos nos 67 Concellos da provincia.