Notas
-
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu os participantes e titores internacionais deste encontro formativo, centrado no desenvolvemento de guións para series de televisión, que ten lugar para profesionais no Hotel NH en Santiago Compostela ata o domingo 22 de xaneiro.
-
O poema "Xesús ficou espidiño", do lucense Xosé Otero Canto, gaña o primeiro premio do XLI Certame de Poesía do Nadal convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte.
-
Unha das novidades para este ano é a presentación da Semana Santa en Galicia a través da cal se poñen en valor as dúas celebracións de Interese Turístico Internacional, Viveiro e Ferrol. A directora de Turismo de Galicia resalta que a Semana Santa incrementa o atractivo e a oferta cultural do destino e permite coñecer lugares con grandes recursos turísticos.
-
A Coruña promociónase en Fitur 2017 como unha cidade “ubicada no extremo atlántico, pero no centro das vangardas culturais, gastronómicas e de defensa do patrimonio e a diversidade”, según o seu alcalde, Xulio Ferreiro, que destacou eventos como o Fórum gastronómico.
-
O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares en 2003 para o seu nomeamento como fillo predilecto da cidade a título póstumo. O acto institucional celebrarase na véspera da conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 adicadas a este escritor.
-
Antía Miragaya, Elián García e Concepción Jiménez son os gañadores na categoría A (de ata 10 anos), mentras que na categoría B (de 11 a 15 anos) os vencedores foron Ayman Mustapha Rajovani, Ramón Lourés e Emma Rego.
-
A Xunta, o concello de Santiago, a USC, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a Cámara de Comercio asinan un acordo para acadar o asentamento de novos proxectos que xeren riqueza e emprego en Compostela e na comunidade. Nos dous últimos anos se venderan preto de 70.000 metros.
-
A compañía Santa Nómina e a ESAD coproducen este espectáculo, que ocupa en ensaios o escenario do Salón Teatro da capital galega ata o xoves 19 de xaneiro, e se exhibe ao público entre o venres 20 e o domingo 22 de xaneiro. O plan de apoio da compañía institucional a distintos procesos de posta en escena inclúe tamén este ano as montaxes de Desconexión, Tropical e Elisa e Marcela.
-
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases e convocatoria do “Otero Pedrayo”, galardón dotado con 16.000 euros, e do Premio “Carracedo”, dotado con 3.000 euros.
-
Exhíbense ata o 28 de xaneiro un total de 19 obras. Trátase dos traballos que se presentaron á XXVII edición deste Certame de Arte José Domínguez Guizán que ven de gañar a obra "Baixamar".