Notas
-
Persoal investigador das tres universidades galegas e de catro irlandesas así como poetas e artistas dos dous países danse cita o xoves 15 de decembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela no Seminario Internacional Eco-Ficcións para presentar as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais.
-
O Congreso dos Deputados aprobou unha iniciativa para iniciar o proceso de derogación da reforma laboral do PP e a redacción dun novo Estatuto dos Traballadores.
-
Grande parte das seccións de Ourense.gal preséntanse en formato blog, con apertura ás novas canles sociais, xeolocalización dos servizos municipais e un apartado de 'o alcalde responde'. Está aloxada en servidores locais e desenvolvida con software libre, o que fai que non estea suxeita a custes de licenzas.
-
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou solicitar ao Ministerio de Facenda e AAPP, o cofinanciamento mediante axuda da Estratexia Conecta Ourense, para o cal o importe total ascendería a 18.750.000 euros, sendo a axuda solicitada ao Ministerio de 15.000.000 euros, por medio da convocatoria de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, fondos FEDER da Unión Europea.
-
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o seu proxecto de Campus da Cidadanía, no que se integran as diferentes áreas de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, as Artes e as Humanidades nos campus universitarios de Compostela e Lugo. O proxecto impúlsase baixo o lema: A utopía no horizonte da cidadanía.
-
Baixo a premisa de se as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza ou unha oportunidade, o centro de coñecemento de La Molinera acolle este sábado a xornada Ourensemakerslab2016, un foro aberto para público de todas as idades cun denominador común: a curiosidade polo emprego das novas tecnoloxías.
-
O éxito de convocatoria, a diversidade de axentes participantes e a intensidade do debate caracterizan o primeiro Obradoiro Aberto Co-Lab. Os responsables políticos e técnicos munucipais valoran como articular as propostas xurdidas das xornadas de traballo na partida reservada para o Co-Lab nos Orzamentos municipais do próximo ano.
-
As coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall acompáñanse de proxeccións de imaxes nesta recreación en clave contemporánea da composición de Vivaldi, que pode verse no Salón Teatro ata o sábado 3 de decembro. Mercedes Suárez dirixiu esta produción propia do CCG, que establece un paralelismo coa riqueza da paisaxe galega nas distintas épocas do ano.
-
O encontro reúne a máis de trinta relatores do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago para debater aspectos como a edición, a crítica, o texto fronte a ‘performance’, o teatro infantil, o papel da muller e as novas tendencias. A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición mantense aberto ata o día 6 de decembro.
-
Luis Angel de las Heras, bispo de Mondoñedo, será este ano o pregoeiro, o sábado 3 de decembro, desta Festa de Interese Turístico figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio” e referente de valores culturais, relixiosos e sociais, según o delegado da Xunta.