Notas
-
O conselleiro en funcións de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou en Lugo as instalacións desta entidade, centrada na atención á persoas con discapacidade intelectual e salientou o traballo desta asociación lucense por conseguir que os seus usuarios teñan unha vida o máis integrada posible nos ámbitos social, educativo e laboral.
-
El ciudadano ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino, gañador do Nobel, á súa vila natal 40 anos despois de emigrar a Europa. O que se prevé como unha viaxe de pracer devén nunha tensa situación. Compostela inaugura, así, o 30º Festival Cineuropa ata finais de novembro en sedes como Numax, CGAC, Afundación, Salón Teatro e Teatro Principal.
-
El lunes, día 7 de noviembre, en el Salón de Actos del Seminario Diocesano de Lugo, se presenta la tercera edición del Misal Romano en castellano. El texto de la edición que será presentada es el resultado de un largo trabajo de revisión y actualización.
-
Llega a los escenarios ¡VIVA MI PLANETA! – El Espectáculo. Una apasionante historia en la que conviven nuevas canciones, coreografías, vestuarios, personajes, humor y por supuesto los grandes clásicos de siempre.
-
Atopar a identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non somos quen de controlar e que remata por levarnos a situacións absurdas e cargadas de sarcasmo. 45 espectadores poderán vivir a representación en primeiro plano no propio escenario.
-
Entre as 30 películas da sección Oficial, atópanse dúas producións con participación galega: Mimosas, que se estrea en Galicia, e María (y los demás). Outras trece fitas exhibiranse dentro do Panorama Audiovisual Galego, unha das 18 seccións arredor das que se articula o certame, que este ano lle renderá tributo a Carlos Saura, Lola Dueñas e Chema Prado.
-
O Concello de Compostela marcouse o obxectivo de "relanzar o Premio Manuel Beiras, darlle maior visibilidade e conseguir que a súa imaxe sexa recoñecible na cidade". Para iso, vaise poñer en marcha unha campaña de divulgación, con mupis, carteis e vídeos para a difusión en redes, que tratará de crear intriga ao redor do certame.
-
A Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña exhibe ata o 27 de novembro a obra deste esquecido debuxante lucense, considerado o patriarca da caricatura arxentina. Colabora con Cultura o Club de Prensa de Ferrol nun ciclo de conferencias impartidas por Siro López, para recuperar o legado do artista e difundilo entre a cidadanía.
-
O conselleiro de Cultura participou nos actos celebrados en Santiago para conmemorar o 150 aniversario do nacemento do escritor. Co gallo deste sesquicentenario, organízase un programa de actividades en colaboración coas entidades e organismos vinculados ao dramaturgo. Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal tamén organizan varios actos.
-
A portavoz de En Marea salientou que en Galiza “o primeiro síntoma da nova resposta cidadana vivímola en 2003 cando a cidadanía galega percibiu que o estado non estaba alí para socorrela o día no que o Prestige golpeou e arruinou as nosas costas. Lémbrao Señor Rajoy? Lembra os hilillos”.