Notas
-
O grupo austríaco de música antiga e o tenor Wilfried Rogl actúan no pazo de Mariñán, en Bergondo. Ofrecen pezas para laúde de autores coetáneos de William Shakespeare que musicaron textos do escritor, do que se cumpre o cuarto centenario da morte.
-
O alcalde de Santiago participou nun acto organizado polo Concello de Lugo no marco das festas de San Froilán para poñer en valor o Camiño Primitivo. Martiño Noriega foi un dos rexedores convidados a facer un percorrido por un tramo desta ruta, entre a Porta de San Pedro e a Porta Miñá.
-
O cantautor berciano actuará o 23 de outubro no santuario da Virxe da Barca, nun espectáculo apoiado pola Consellería de Cultura e Educación, que tamén contará coa participación da coral local. A recadación das entradas do concerto destinarase integramente á posta en valor deste ben patrimonial.
-
A actividade está a percorrer dez concellos da Rede de Dinamización. Está inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Ten unha coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van dan man.
-
Ourense recibe a voz de poetas de todo o mundo na sétima edición do Encontro Internacional de PoesíaOs actos desenvolveranse a fin de semana do 7 ao 9 de outubro. Achegarse ao público escolar, unha das prioridades dos organizadores do encontro, que premiarán o labor a prol da poesía do CEIP Prácticas.
-
É un dos 29 espectáculos subvencionados este ano a través da convocatoria de axudas da Xunta á produción escénica. A súa presentación ao público terá lugar este domingo dentro da programación que ofrece o Multiúsos da Xunqueira como espazo asociado á Rede Galega de Teatros e Auditorios.
-
A conferencia ‘El Quijote como libro’, do profesor Luis Iglesias Feijoo, abriu o programa de actividades do Mes de Cervantes e Shakespeare en Filoloxía, un ciclo co que a Facultade compostelá quere contribuír a conmemorar o centenario da morte dos dous autores.
-
Comezou unha nova edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, definida polo seu director Pela del Álamo como a "máis ambiciosa". Pretende afondar nunha concepción multidisciplinar da programación, acompañando con música, obradoiros, live cinemas e outras actividades o programa de proxeccións audiovisuais.
-
Nos primeiros oito meses deste ano Galicia rexistrou tun incremento do 7,1% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados e do 9,2% no que atinxe ás pernoitas en relación ao mesmo período do 2015. O turismo internacional acadou cifras históricas neste período con preto de 950.000 viaxeiros aloxados.
-
É un dos nove itinerarios temáticos que percorreron Galicia este verán no marco da cuarta edición do programa “Galicia a todo tren”. A nova ruta, promovida por Turismo de Galicia, inclúe unha sesión termal no hotel-balneario de Guitiriz, un percorrido por un tramo do Camiño do Norte e unha visita ao centro histórico de Lugo.