Notas
-
Pedro Puy avanzou que Julia Rodríguez, Carlos Gómez e Marián García serán os deputados substitutos de Susana López, Antonio Rodríguez e Nava Castro, respectivamente. Considerou “evidente que hai un cambio nas formas” de actuar no Parlamento dos grupos da oposición, o que permite mellorar a valoración da Cámara entre os cidadáns.
-
A voceira nacionalista Ana Pontón reiterou que o BNG “segue coa man tendida. Feijóo debe escoller, ou ben a man que une a todos e todas as galegas ou ir de ganchete de Ana Pastor e Rajoy”. O BNG presenta a proposta do Plan Retorna para que volva a xuventude emigrada desde o ano 2009: 207.000 persoas de entre 16 e 35 anos.
-
As coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall acompáñanse de proxeccións de imaxes nesta recreación contemporánea da popular obra de Vivaldi. Mercedes Suárez dirixiu esta nova produción propia do CCG, que remata a xira de 2016 do 1 ao 3 de decembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
-
O plan, operativo ata finais de abril de 2017, conta cun operativo de 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais para velar pola seguridade nas estradas autonómicas. Vázquez Mourelle salienta que este plan ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 km de vías de titularidade autonómica.
-
Invitados polo Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, 30 usuarios de ASPNAIS visitarán o martes, 22 de novembro, o Pazo de Xustiza da capital lucense.
-
A primeira sesión na cidade herculina deste ciclo, organizado polo C.R.D.O. Ribeiro, celebrarase no Hotel Fisniterre e incluirá a degustación dunha selección de viños introducida por Cristina Alcalá. Pepe Solla, cunha estrela Michelín e tres soles Repsol, é un dos máximos expoñentes da cociña galega de vangarda e fundador do Grupo Nove de 22 cociñeiros galegos.
-
O director da obra, Roi Vidal Ponte, vén de recibir un dos premios da AGADIC para obras de literatura dramática. Os soños na gaiola estreouse o pasado 1 de abril do presente ano e desde aquela leva percorrido xa boa parte da xeografía galega, incluídos espazos tan importantes como a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a Mostra de monicreques de Ribeira ou o Festival internacional Galicreques de Compostela.
-
A Federación Galega de Bandas de Música Populares desenvolve no Auditorio de Galicia os días 26 e 27 de novembro o X Certame coa participación de 15 agrupacións de Antas de Ulla, Belesar, Cabral, Cangas, Catoira, Meaño, Moaña, Rábade-Begonte-Outeiro de Rei, Rianxo, Ribadavia, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Teo e Visantoña, co fin de visibilizar o protagonismo das bandas.
-
O Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC promove co Concello mindoniense o proxecto ‘Mondoñedo Dixital’ sobre o emprazamento e as características arquitectónicas dos edificios públicos e de relevo existentes na cidade de Mondoñedo no século XVIII.
-
O presidente da Xunta reivindica o papel dos parlamentos e dos medios de comunicación como foros nos que asistir a un debate fecundo de ideas e posicións e lembra que a democracia fai posible corrixir erros, matizar rumbos e trasladar con présa as demandas cidadás ás institucións e que “os xornais son a ágora moderna, o lugar onde se condensa a vida dun país”.