Notas
-
O conselleiro de Cultura e Educación valorou moi positivamente a recente incorporación do Consello da Cultura Galega á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), no que representará a Galicia e destaca o traballo conxunto para afianzar os vínculos co mundo lusófono.
-
A paisaxe na obra poética de Manuel María centra a temática do relatorio que ofrece no auditorio da Casa do Saber da USC o profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, Roxelio Pérez Moreira. O relatorio permitirá afondar e analizar a relación vital que de mantivo o cantor da Terra Chá coa paisaxe na súa obra.
-
O Liceo de Ourense foi o escenario da segunda xornada do congreso internacional de San Martiño de Tours na que Jorge López Quiroga, da Universidade Autónoma de Madrid e coordinador do congreso, expuxo no seu relatorio o marco xeral do proceso de cristianización na Gallaecia no ámbito rural nos séculos V e VI.
-
A publicación, editada pola Deputación de Ourense, foi presentada hoxe polo escritor e polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar. O libro, titulado Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela achega a obra de Cela a institutos e universidades no centenario do nacemento do autor.
-
O certame, na súa novena edición, desenvolveuse desde o día 28 de outubro ata o 13 de novembro coa participación de 49 establecementos da cidade (13 deles participaban por primeira vez).
-
O martes 15 de novembro dá comezo na Coruña este programa, ao que a filmoteca galega lle dedica oito xornadas con 38 títulos rodados entre 1959 e 1972. Xunto con pezas que constitúen un manifesto visual irrepetible, proxectarase unha escolma de filmes realizados en Cuba por cineastas estranxeiros.
-
Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mestúranse para propor unha reflexión sobre a xestión da derrota e da esperanza.
-
Un incunable de temática laica, un singular exemplar da ‘Biblia’ do XVI e mais un mapa do Reino de Galicia e de Bohemia do século de XVII están accesibles para consulta. Fondos de destacado valor histórico e cultural dos que non existían exemplares en Galicia.
-
A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, quere chamar a atención sobre a necesidade de reforzar a vixilancia dos botellóns que se están a rexistrar na comunidade nas últimas semanas e sobre todo sobre a presenza de menores nestas concentracións. Di que son os concellos, como administración máis próxima, en debe sensibilizar aos mozos.
-
A Escola de Turismo Itinerante impartirá en novembro novos cursos para os restaurantes do Camiño de Santiago sobre a importancia da gastronomía na cultura xacobea en Galicia. O curso enmárcase no programa "Profesionalización no Camiño" con atención ao peregrino.