Notas
-
Teatro do Noroeste celebra o seu 30º aniversario con catro funcións de ‘Estado de graza’ en Santiago de Compostela. O Teatro Principal da capital galega acolle este espectáculo, do xoves 16 ao domingo 19 de febreiro, coas dúas primeiras funcións inseridas na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas é o eixo temático.
-
O Concello de Santiago vai colaborar coas emisoras de radio de Compostela na celebración do Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro. Por ese motivo, os semáforos de varias rúas da cidade utilizarán durante varios días as voces dos locutores dos programas locais, as mesmas que acompañan a diario aos oíntes da capital galega.
-
O alcalde da Coruña salienta que os actos da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que terán lugar na Coruña desde o venres 10 de febreiro e"demostran o seu peso a nivel estatal e internacional", así como a vontade do Goberno local "de aproximar A Coruña ao mundo, de traballar en rede e de cooperar con outras cidades".
-
Baixo o título Santiago invisible, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un proxecto fotográfico, literario e musical centrado na cidade de Santiago e cuxos beneficios se destinarán ao Fondo de Emerxencias de Médicos Sin Fronteras.
-
O espectáculo preséntase ao público os días 10, 11 e 12, despois do período de residencia técnico-artística que está a desenvolver no mesmo escenario. En Desconexión, o individuo 724/2013 FK3 cumpre a súa condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; con traxe vermello é malencarado e manda parar.
-
Trátase dunha convocatoria bienal que recoñece as políticas e medidas que as autoridades locais ou rexionais teñen adoptado para protexer, xestionar e planificar as súas paisaxes. O catálogo foi elixido por un xurado integrado por un responsable da paisaxe dos Ministerios de Educación, Cultura y Deporte e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e 3 expertos.
-
A Xunta recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org ante o temporal de chuvia e vento. Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi A Coruña con 182, seguida de Pontevedra con 112, Lugo con 63 e Ourense con 47 incidencias. A Xunta traballa para arranxar o antes posible os problemas causados polo temporal nas estradas galegas.
-
O alcalde presentou Compostela é Música, un proxecto impulsado pola sección local da asociación Músicos ao Vivo e que conta co apoio do Concello de Santiago. A plataforma online pretende cartografar a escena musical da capital galega. Tamén se busca que "fagan piña na cidade e que teñan máis oportunidades para mostrar o seu talento".
-
O alcalde participou en Santiago de Compostela nunha xornada sobre Transparencia Pública, onde salientou as medidas impulsadas polo Goberno local para facilitar que a veciñanza teña acceso ao funcionamento e xestión municipais. Nesta xornada concedéronse as certificacións á transparencia e rendición de contas.
-
A Coruña acollerá entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, nas que participan 32 establecementos da cidade. o certame gastronómico ‘Lacónicas’ completarase con talleres e obradoiros para persoas adultas e menores que se celebrarán nos mercados da Praza de Lugo e de San Agustín, según o Concello.