Notas
-
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta, declarada de Interese Turístico Galego.
-
A publicación, do ano 1610, forma parte da colección bibliográfica da entidade logo dunha campaña de captación de fondos e de colaboración de particulares durante os últimos dous meses.
-
En Marea considera “extravagante e anómalo” que sociedades da Operación Lezo como INDRA recibise no último ano contratos do Goberno galego por máis de 30 millóns de euros, moitos deles sen publicidade. Villares: “Que se revisen con lupa os millonarios contratos da Xunta con empresas investigadas por financiamento ilegal do PP”.
-
O evento celébrase o sábado das festas da Ascensión, polo que se prevé que asistan miles de persoas, tanto de Santiago coma visitantes e turistas, superando as cifras de asistencia das dúas edicións anteriores. O primeiro desfile celebrouse o 21 de maio do 2010, con motivo do trinta aniversario da película da saga O Imperio contraataca.
-
Para o BNG os orzamentos de 2017 desmontan a falacia do PP, pois volvendo a contar con recursos tributarios similares aos de anos anteriores á crise (200.963 mil millóns de euros en 2007 fronte aos 200.676 millóns de euros en 2007), manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan o gasto no armamento militar e priorizan o pagamento da débeda, incluida a que se deriva do rescate bancario.
-
Nesta quinta edición triplícase respecto da inicial o número de compañías contratadas para desenvolver as funcións. O obxectivo é enriquecer a oferta cultural de municipios polos que pasan as rutas xacobeas, ao tempo que se dinamiza o mercado laboral cultural.
-
O espectáculo está integrado por ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’ que, con estéticas e ambientacións diferentes, darán conta da vixencia e da valentía da obra de Valle-Inclán a través dun elenco de 10 actores e actrices. Exhíbese no Salón Teatro, do 20 ao 27 de abril, antes de viaxar a outros concellos galegos e regresar a Compostela do 28 de xuño ao 16 de xullo.
-
A Real Filharmonía de Galicia ofrece dous concertos: O primeiro está previsto para o xoves 20 de abril en Santiago, ás 20:30 horas, na súa sede, o Auditorio de Galicia. E o venres, a agrupación desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio Municipal da cidade, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mestre parisino Fabien Gabel.
-
O aeroporto de Santiago, que o ano pasado conseguiu o seu máximo histórico superando por primeira vez os dous millóns e medio de pasaxeiros, continuou crecendo no primeiro trimestre deste ano, pese a que o ano pasado a Semana Santa, unha das épocas de maior tráfico no ano, caeu no mes de marzo.
-
A Universidade de Santiago comeza unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dun percorrido curto que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome onde pode admirarse a Galería de Reitores e remata cunha vista da Praza do Obradoiro dende o balcón do Salón Reitoral.