Notas
-
A mostra central das Letras Galegas 2017 pode visitarse ata o 25 de xuño na Zona “C”, antes de proseguir o seu percorrido por Galicia. A mostra propón un achegamento ao universo vital e literario de Carlos Casares, a través dunha sucesión de territorios simbólicos. -
Con esta celebración impulsada pola Xunta culmina na comunidade a campaña ‘Quere o teu mercado’, que nas últimas semanas encheu de actividades as prazas involucrando a toda a sociedade na súa posta en valor. Para continuar contribuíndo á excelencia das prazas de abastos, actívase unha liña de axudas de 900.000 euros. -
O grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade estivo presente na Feira JATA 2017, celebrada en Tokio (Xapón) do 21 ao 24 de setembro. Esta é a feira de turismo máis importante do país nipón. Santiago de Compostela puido promocionarse xunto co resto de Cidades Patrimonio dentro do stand de Turespaña. -
A directora de Turismo de Galicia, pregoeira este ano, enxalzou a celebración do Aquelarre que actúa ano a ano como acto previo ás celebracións do San Xoán. A Asociación de Meigas das Fogueiras do San Xoán premiou a Turismo de Galicia coas súas máximas distincións pola súa contribución a esta festa. -
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu a proxección do documental de Gonzalo E. Veloso, “Contando a Carlos Casares”, parte do cal se gravou na nosa institución e que tamén hoxe preséntase en Ourense. A proxección estivo seguida dun coloquio con Melodi Parga Otero. -
O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos desenvolve durante 2017 a súa cuarta edición consecutiva co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a iniciativa do Observatorio Ramón María Aller da USC. -
Política Lingüística, Renfe Viaxeiros, ADIF, Leite Noso (Deleite) e Editorial Galaxia únense para levar adiante este programa de actividades que prolonga a difusión da obra de Casares máis alá do 17 de maio. Os alumnos participantes foron recibidos na estación de Ourense. -
O festival presentou a programación que desenvolverá do 31 de maio ao 4 de xuño na Coruña, co apoio da Consellería de Cultura a través dunha subvención da Agadic e da colaboración do CGAI. O clásico do cine mudo ‘Fausto’, sonorizado en directo pola Orquestra Sinfónica de Galicia, abrirá o encontro que inclúe creacións galegas en Sinais. -
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visita a mostra que conta con produtos de xoiería, arranxos florais, bixutería, marroquinería e pratería, no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide. A mini feira pode visitarse na Rúa do Convento ata o 14 de maio. -
El viaje incluyó una visita al Parlamento Europeo donde se informó a los eurodiputados de cual es la situación actual de los diferentes itinerarios del Camino de Santiago en Galicia y de las acciones previstas hacia el próximo Año Santo 2021. El Instituto Cervantes acogió una mesa redonda con el título “Reconstruir Europa a través del Camino de Santiago”.
