Notas
-
Promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares, o ciclo celébrase desde o mes de xuño na Praza de Praterías. O número de peregrinos xa superou os 150.000, ao redor dun 9% máis que en 2016. Música no Camiño divulga a cultura xacobea e promocionar a música galega entre os peregrinos que acadan a etapa final do Camiño.
-
A mostra conta coa participación de 53 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares da Comunidade. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asistiu á inauguración da XXXIII edición deste encontro, unha das citas de referencia do sector en Galicia nos Xardíns de Méndez Núñez onde se da unha grande visibilidade aos oficios artesanais.
-
A estrela de R&B e soul vén de cancelar a súa xira europea por motivos persoais. Por iso, o Concello da capital de Galicia programou no seu lugar as actuacións da banda neoiorquina Nada Surf e da compostelá Ivy Moon, que cubrirán o oco deixado pola cantante no marco do programa das Festas do Apóstol 2017 que rematan o 31 de xullo.
-
Amparanoia, Estopa e Dubioza Kolective encabezan a programación, na que a representación galega correrá a cargo de Sés, Wöyza, Dakidarría, Guerrera, Hexany e The Soul Breakers. É un dos 20 eventos subvencionados este ano pola Xunta a través da convocatoria de axudas públicas a festivais de música e de artes escénicas.
-
Os Fogos do Apóstolo percorren as tradicións desta celebración, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII para "basearse na historia da cidade e das súas festas". Fíxose un percorrido pola historia da arte, para coñecer como foi representado Santiago co paso dos séculos e tanto en Europa como en Asia ou América do Sur.
-
A cuarta edición do encontro, que se celebra do 31 de xullo ao 4 de agosto, reunirá en Celanova algúns dos profesionais de trombón, trompa, tuba ou trompeta máis destacados de Galicia e de orquestras sinfónicas e agrupacións de diferentes procedencias, xunto con preto de 90 alumnos e alumnas. Fernando Buide, Javier Simó, Óscar Abella, Andrea Conti, Hércules Brass, Natalia Ensemble e Back to Brass, entre outros, participan este ano no festival.
-
A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións gratuítas en espazos singulares e propostas didácticas, según a presentación da nova temporada de abono 2017-2018 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Conmemóranse fitos como o 300º aniversario da estrea da Música Acuática de Haendel ou o centenario do pasamento de Debussy.
-
O texto, que dá conta da pegada e vinculación da cidade coa ruta xacobea, forma parte das diversas accións emprendidas polo Goberno local coa finalidade de difundir, entre a veciñanza e as persoas visitantes, "a estreita e fonda relación coa gran ruta galega da que nos sentimos orgullosos e orgullosas de formar parte", según o Concello.
-
O concerto está programado para o sábado 22 de xullo, a partir das 21:00 horas, na praza 8 de Marzo. O grupo De Vacas actuará coa artista brasileira Maria Gadú, que fai unha parada en Compostela despois da súa xira por España, que incluíu concertos en Madrid e Barcelona. De Vacas é un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces.
-
Inclúe anular os xuízos do franquismo, suprimir toda a simboloxía fascista, institucionalizar o Día da Galiza Mártir de Bóveda e declarar San Simón illa da memoria. Bará: “A mellor maneira de homenaxear ás vítimas e traelas ao presente e tomar os seus ideais para construír unha sociedade mellor”.