Notas
-
Os sindicatos CCOO e UGT preparan unha gran mobilización estatal baixo o lema «en marcha por pensións dignas». Desde diferentes comunidades autónomas, entre elas a galega, partirán marchas reivindicativas, en cuxas rutas haberá tamén asembleas, que confluirán nunha manifestación en Madrid. A saída en Galicia está prevista para o 2 de outubro desde a capital, Santiago de Compostela.
-
Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Área de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade. O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa.
-
O escenario compostelán ofrece dúas funcións de ‘Exilio das moscas’ o xoves e o venres, e outras dúas de ‘Tras Tannhäuser’ o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro. Esta nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias traballa na sede do Centro Dramático Galego dentro do seu programa de residencias.
-
O voceiro socialista Fernández Leiceaga acusa a Feijóo de “lastrar” a transferencia da AP-9 para preparar “o seu probable futuro desembarco en Madrid”. O responsable socialista censurou a “posición pasiva” do presidente da Xunta na defensa dos intereses de Galicia para evitar situacións incómodas na capital.
-
A Xunta indica que a declaración como BIC comezará co obxectivo de que despois da exposición pública e as alegacións, se poida aprobar definitivamente a finais de 2018, con 3 valores que reúne a Ribeira Sacra para ser BIC: valores naturais, culturais e mixtos da interacción do ser humano coa natureza.
-
Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.
-
Nesta novena edición, que se celebrará o mércores 20 de setembro ás 20.30, a compañía Lucecús Teatro representa “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. A entrada será libre até completar o aforo do Teatro Rosalía de Castro. Goretti Sanmartín destacou o traballo continuado da Fundación Manuel María na difusión da obra do autor.
-
A Xunta de Galicia apoia o Festival Curtocircuíto 2017 na súa edición máis interdisciplinaria que inclúe o novidoso apartado Arredor do son, que se incorpora ao programa formativo Galicia ProFilme. Curtametraxes dos cinco continentes competirán polos distintos premios do festival, que se desenvolverá do 1 ao 8 de outubro en varios espazos da cidade.
-
Sesión DJ, petiscos e viño para unha descuberta diferente, distendida e á noitiña das exposicións ‘Flor Novoneyra’ e ‘Da árbore á cadeira’ coa intención de crear un ambiente de relax no que serán guiados. Os participantes terán a oportunidade de experimentar eles mesmos coa arte coa técnica do láser-grafiti. As Nocturnas propoñen uns venres noite de ocio, música pero sobre todo, moita arte.
-
Os documentos cedidos pola familia Baltar Tojo completan os fondos que custodia o arquivo das diversas xuntas e deputacións constituídas en Galicia a comezos do século XIX. Os libros están accesibles no Arquivo Dixital e destaca o seu valor patrimonial para a investigación e historia de Galicia.