Notas
-
La Asociación Lugo Monumental solicita del Ayuntamiento de Lugo la gratuidad de los aparcamientos municipales de Santo Domingo, Constitución y Plaza del Ferrol, lo que reportaría innumerables ventajas para la afluencia de público al casco histórico. La libre disposición de estas plazas solventaría en gran medida el acceso de clientes a los negocios de la zona.
-
O ciclo Monumenta, andar con arte achégase o sábado 25 a Palas de Rei para realizar a andaina 'Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa'. As terras da familia homónima e o castelo de Pambre, articulan a actividade, que contará co arqueólogo Santiago Vázquez Collazo e representantes do Instituto de Estudios Ulloáns para acompañar e ilustrar aos camiñantes.
-
O próximo luns, día vinte, ás oito do serán, no Museo comarcal da Fonsagrada vaise inaugurar a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, e presentarase o libro “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.
-
A Consellería de Sanidade informa que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño. Catro delas están no Hospital Álvaro Cunqueiro, unha en Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ata actualidade, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais un total de 456 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente.
-
O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.
-
Seis días de conciertos eclécticos, más de 80 bandas y artistas imprescindibles, 14 escenarios urbanos emblemáticos, 150 horas de música en vivo y una marcada presencia femenina definen al 32º Festival Noroeste Estrella Galicia, que un año más convertirá A Coruña en un hervidero de propuestas musicales singulares del 7 al 12 de agosto.
-
Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
-
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
-
Unha trampa natural visitada esporadicamente por neandertais hai uns 110.000 anos nunha canteira de calcaria de Becerreá (Lugo) podería ter xerado o depósito arqueolóxico no que un equipo do GEPN-AAT (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da USC e do IPHES (Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social) rexistrou ata 1.400 restos fósiles de fauna pertencentes a 40 especies distintas.
-
Santiago de Compostela acollerá a celebración da Gala Showcooking De tapas por Galicia, na que se elixirá ao mellor cociñeiro de petiscos 2018, de entre os representantes das sete grandes cidades galegas que foron gañadores dos concursos locais de minipratos que se celebraron durante o pasado ano.