Notas
-
O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación prolongada ao longo de todo o ano grazas á Selección Noroeste, o seu ciclo de directos singulares para padais exquisitos, que regresa neste comezo de 2019 con tres novos concertos para gozar das mellores bandas e artistas desde o patio de butacas.
-
Artistas, público, editoriais, institucións e librarías daranse cita a vindeira fin de semana na Feira de Edición e Libro Ilustrado (FëLiiC) e os encontros Open Miic que a Deputación da Coruña organiza como actividades paralelas á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
-
Esta mañá tivo lugar en Madrid, na sede do Ministerio de Industria Comercio y Turismo, a I Asamblea Ordinaria da Rede de Cidades AVE 2019, que estivo presidida pola ministra Reyes Maroto e pola secretaria de Estado de Turismo de España, Isabel María Oliver Sagreras, e contou co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Pumar, como representante do Concello de Ourense.
-
O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 22 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, a situación xeopolítica do subcontinente indio a no marco xornada de clausura do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins afondou sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratou outras problemáticas análogas en ambos territorios.
-
Este mércores o Ateneo de Santiago e Histagra Grupo de Investigación da USC presentarán o último ensaio publicado pola editorial Galaxia titulado Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, edición de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. O acto (19:30, sede de Afundación) contará coa participación dos Catedráticos de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.
-
A nova programación de artes escénicas de Santiago ofreceralle ao público compostelán 25 espectáculos, dos que 10 chegan á cidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 40 espazos asociados.
-
Galicia despediu o ano 2018 cun mes de decembro atípico, con temperaturas medias por riba do habitual e menos choivas das esperadas. Así se desprende do informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, no que se conclúe que o mes pasado se caracterizou por ser seco e moi cálido. Por outra banda, a masa de aire frío polar continental entrará hoxe na península polo leste deixando ao seu paso por esta zona e no norte do país unha baixada significativa das temperaturas.
-
A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego.
-
Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.
-
Por erro de imprenta, nas participación da LOTERÍA DO NENO, para o sorteo do 6-1-2019, do BELÉN DE BEGONTE, figura o número 40.998, cando en realidade o número é o 40.992. Rogamos disculpen o erro, BELÉN DE BEGONTE.