Notas
-
O Concello da Coruña vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, danse a coñecer as actividades musicais que formarán parte dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade.
-
Alguén que respira! II Festival de Poesía para o Corpo Principal, promovido polo Concello compostelán e pola Xunta de Galicia e posicionado desde a súa primeira edición como un dos máis importantes encontros arredor da poesía de toda a Península, congrega en Santiago durante a semana que vén a máis de cincuenta poetas, performers, músicos e actores para celebrar a poesía como forza aglutinadora da cultura.
-
Presentouse hoxe a nova colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña que acaba de ampliar o seu catálogo con novas pezas procedentes do Museo Nacional del Prado, do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e doutras institucións como o Círculo de las Artes de Madrid ou de préstamos de particulares. En total incorpóranse á exposición do museo coruñés 39 obras de distintos autores.
-
O Festival Atlántica comeza este martes, 12 de marzo, a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. Están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas.
-
'Valor e mestría. Galicia como fútbol', –exposición sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia– clausurouse este domingo tras recibir preto de 40.000 persoas, desde a súa inauguración o 15 de febreiro no Museo Centro Gaiás. A mostra rexistrou unha importante afluencia de visitantes na súa recta final, especialmente durante a pasada fin de semana. Valor e mestría foi a exposición máis ambiciosa realizada ata o momento sobre a historia do fútbol galego.
-
O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 91,5 millóns de euros nos concellos da provincia no ano 2019. Unha cifra moi importante, pois supón destinar practicamente o 50% do orzamento anual da Deputación, que este ascende a 183,6 millóns de euros, a investimentos e mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos coruñeses. O pleno da Deputación aprobou, por unanimidade de todos os grupos, unha modificación de créditos que incorpora 30 millóns adicionais.
-
A compañía de distribución galega anima aos concellos da comunidade a participar nesta iniciativa que, ademais de designar á cidade, vila ou pobo que máis se distingue nesta celebración, busca poñer en valor a singularidade dun evento de gran calado na nosa terra. A través dunha carta enviada aos alcaldes e alcaldesas, Gadis trasladou a invitación para converter o concurso nunha sa competencia na que cada Concello terá que achegar vídeos e fotografías.
-
A música e as letras de Fran Pérez Narf volverán soar este xoves no Círculo das Artes de Lugo, no espectáculo ‘Encontrarte’, un espectáculo multidisciplinar co que o Lubicán, un dos ciclos de música galega feita por artistas da terra máis consolidados no panorama cultural de Galicia, rende tributo a un dos seus valedores cun concerto na súa lembranza co que agarda que a música de Narf non esmoreza co paso do tempo.
-
Presentouse no Museo Provincial de Lugo a II Xornada de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense. A cita será o vindeiro 22 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, e analizaranse as covas paleolíticas de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde, entre outras. Neste encontro que leva por titulo, “As Covas: portas a outros mundos”, participarán catedráticos, profesores, arqueólogos, e expertos en patrimonio.
-
Na Biblioteca Xeral da USC consérvase o ‘Manuscrito Guerra’, unha colección de tonos humanos da segunda metade do século XVII que supón unha valiosa fonte para o coñecemento da música vocal profana para solista do barroco español. Precisamente este singular documento, unha das grandes xoias do barroco hispano, será o protagonista do concerto que a mezzosoprano Lidia Vinyes-Curtis e o arpa barroca Manuel Vilas ofrecerán o martes no Paraninfo da Universidade.