Notas
-
Baixo o título “Reflexión postelectoral”, o Profesor de Ciencias Políticas da USC Antón Losada, o comentarista político de La Voz de Galicia Domingos Sampedro e a redactora xefa de Europa Press Beatriz Vila analizarán os resultados saídos das votacións do 28A ao Congreso, nun acto que estará moderado polo xornalista Fernando Salgado. Esta actividade, aberta ao público en xeral ata completar a capacidade da sala, desenvolverase ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela
-
A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide contará co chef Paco Roncero, un dos máis importantes do panorama gastronómico nacional dentro e fora das nosas fronteiras, como pregoeiro da súa vixésimo oitava edición. O evento terá lugar o domingo 12 de maio en Melide pero, ademais, o chef galardoado con dúas estrelas Michelin amosará tamén as súas cualidades na cociña nun showcooking doce con degustación o sábado 11 de maio.
-
Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, pechou as portas da súa 14ª edición consolidado como a única feira especializade en Prevención de Galicia e conseguindo o obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade a través dun completo programa de actividades formativas que conseguiu atraer ata o recinto de Expourense a 2.500 visitas. O acto de clausura contou coa presenza do director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva.
-
A cantautora arzuá MJ Pérez ofrecerá este xoves no Vello Cárcere de Lugo un concerto no que interpretará temas do seu terceiro e último traballo, ‘Casandra’, no marco do ciclo Lubicán. MJ Pérez, que estará acompañada da súa banda na súa actuación na capital luguesa, acumula tres discos producidos, aínda que ‘Casandra’ constitúe o seu primeiro traballo de estudio. Nesta nova entrega musical, conta coa colaboración de Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou Martiño Cabarcos.
-
A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición e terá lugar os días 3, 4 e 5 de maio de 2019 en Ribadavia, presentou o seu programa no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). A Feira do Viño do Ribeiro, senlleira dentro das festas vitivinícolas que se celebran en Galicia, cada ano aumenta o seu número de participantes e de público que se achega a Ribadavia para gozar deste evento.
-
O martes 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o MARCO súmase un ano máis á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas. A solta de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade.
-
Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.
-
A poesía regresa o vindeiro luns ao centro Ágora da Coruña. O ciclo Poetas Di(n)versos, a única proposta estable de recitais con continuidade en España, retoma a súa actividade na primavera con tres recitais nos que participarán voces chegadas de Galicia, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia. A directora de Poetas Di(n)versos, a dinamizadora cultural Yolanda Castaño, foi quen deu a coñecer o programa.
-
A artista pontevedresa Cora Velasco presenta este xoves en Lugo o seu último traballo 'Sortilegios’', un álbum no que a artista achega a súa faciana máis íntima e persoal ao tempo que denota máis madurez que nas dúas entregas anteriores. Despois de catro anos de carreira musical, máis de 200 concertos, tanto en Galicia como alén das súas fronteiras, dúas xiras por dez países de Europa e tres traballos editados, Cora Velasco reaparece cunha nova proposta.
-
É unha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.