Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai participar neste futuro plan de acción para eliminar a planta invasora coñecida como "herba da pampa" (cortaderia selloana) dentro do proxecto comunitario LIFE Stop Cortaderia, que analizará e tratará a eliminación desta herba desde a Costa Oeste de Francia, o Arco Norte de España e Portugal.
  • A terceira edición do Congreso Red Localis desenvolverase os días 20 e 21 de xuño no Campus de Ourense, onde se darán cita máis de 70 especialistas en administración municipal, tanto estatal como internacional, para abordar os desafíos do municipalismo para o século XXI, como son a transparencia, a xestión eficiente, a sostibilidade e a innovación na selección de persoal. O programa desenvolverase en catro bloques con ponencias temáticas a cargo dos diferentes participantes.
  • O vindeiro día 22 celébrase na Escola Unitaria de Santiago a IV Edición do Fun Fun Fun. Este evento reúne a creadores e artistas de diversas disciplinas ao redor da autoedición. Este ano terán protagonismo, amais da autoedición gráfica e do fanzinismo, outros eidos da creación coma o audiovisual. As actividades comezarán ás 12 horas coa apertura dun mercadiño, que estará aberto durante todo o día, e onde distintos autores, autoras e colectivos poderán expor e vender as súas obras.
  • Só poderá admirarse o sábado, 29 de xuño e coa Torre de Hércules como escenario privilexiado. Baixo o nome Luz e Son de Hércules as paredes do monumento servirán de gran pantalla de 36 metros de alto para o espectáculo audiovisual exclusivo que se celebrará como remate do programa do X Aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade, nunha iniciativa organizada polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.
  • Pontedeume acollerá este sábado 22 de xuño a terceira edición da feira “Primavera no Camiño Inglés”, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
  • Varela Producións, a Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viaxará os días 18 e 19 de xuño a Galicia para representar un proxecto de teatro social dirixido a persoas con discapacidade, grazas ao apoio da Xunta de Galicia. “Petición de man” é unha comedia cunha duración que rolda os 20 minutos enche de situacións absurdas entre unha moza solteira, a súa nai histérica e un pretendente hipocondriaco e moi particular.
  • Con motivo do día da diversidade sexual, desde a Deputación da Coruña impúlsase a campaña "Liberdade de ser e sentir!", para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemen da súa orientacion sexual e identidade de xénero. Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.
  • O proxecto xorde como resposta ao feito de que, nas últimas décadas, o patrimonio está a verse afectado por un número crecente de ameazas relacionadas co clima o que plantea novos desafíos para os responsables da súa conservación e xestión. O obxectivo de Shelter é lograr desenvolver un sistema baseado en datos científicos e na alianza e colaboración dos axentes implicados.
  • As festas de Ourense completan a súa programación. Do sábado 21 ao domingo 30 de xuño, a cidade de Ourense poderá bailar cos 27 concertos para todos os públicos e sensibilidades: desde Neo, a nova banda de Alberto Cereijo e Fernando Calvo, pasando por Izal, The Furious Monkey House, Ramoncín ou Viva Suecia, María do Ceo, a Coral De Ruada e até un concerto infantil de María Fumaça.
  • Ponse en marcha a campaña educativa itinerante 'Repara en...' para fomentar a prevención de residuos alimentarios, potenciar a compostaxe e mellorar a recollida selectiva e a separación para favorecer a reciclaxe dos residuos. A primeira parada desta iniciativa, que se desenvolverá ao longo do mes de xuño e xullo, é o Concello de Campo Lameiro e, a continuación fará case 20 paradas en distintos concellos ao longo deste mes.