Notas
-
A exposición 'Pensar coas mans' chegou á súa fin tras ter recibido preto de 30.000 persoas desde a súa apertura, das cales 2.500 foron a través das visitas comentadas de balde que ofrece o Centro Gaiás de martes a domingo, e máis de 1.500 foron escolares de centros galegos de ensino. Pensar coas mans tamén se converteu nunha exposición viva e dinámica con preto de 30 obradoiros e demostracións in situ de creacións de artesanía.
-
A partir do xoves 19 de setembro, e durante catro días consecutivos, os espazos do primeiro andar do MARCO ábrense a unha experiencia escénica e participativa, a través dunha proposta dirixida por A Artística (Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez), coa colaboración de dez artistas convidados. ESPAZO EN ESPERA é o título dun proxecto que reúne varias disciplinas artísticas. A proposta procura a participación do público, considerando o Museo como lugar de intervención cidadá e de encontro, alén da súa visión como espazo expositivo.
-
O 21 de setembro chegará o que será o último festival do verán misturando música, gastronomía e reciclaxe co Camiño Portugués da Costa. O Barbeira SeaSon Fest será un encontro directamente ligado ao Camiño de Santiago e que terá en Baiona un dos seus puntos destacados. O festival terá dous escenarios, a praia de Barbeira, de Baiona, e a horta do Parador Conde de Gondomar. Na praia ofreceranse diversas accións artísticas vinculadas ao Xacobeo.
-
'Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación' é un proxecto expositivo da USC e a Fundación Luis Seoane, que xira ao redor do álbum 'Trece estampas de la traición' co que o artista galego sinalaba os responsables do golpe de estado de 1936 e poñía de manifesto a dramática situación da poboación civil por mor do conflito e a represión posteriores. O álbum de Soeane foi editado en 1937 e formou parte das diversas publicacións da campaña de propaganda no exterior do goberno republicano.
-
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña.
-
En cada unha das sete etapas das que consta a acción, que comezará o 17 de setembro, o proxecto invitará a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. Ademais farase un estudo da accesibilidade cognitiva das casas consistoriais dos tramos polos que discorrerá Xacobeo Autismo e, en caso de ser necesario, mellorarase a súa sinalización con pictogramas.
-
A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ reúne en Santiago de Compostela 40 láminas gran formato realizadas en aluminio seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas. As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares único de Galicia. A exposición está no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC onde se poderá visitar ata o próximo día 26.
-
Constituise a rede provincial de concellos termais de Ourense, unha agrupación integrada por 15 municipios que permitirá garantir a estabilidade destes asentamentos dentro da provincia e seguir, así, impulsando o potencial económico e turístico destas augas. Esta normativa céntrase expresamente no emprego lúdico das augas termais, complementando a normativa vixente sobre a súa práctica terapéutica.
-
As NerdNites comezarán o martes 3 de setembro a súa oitava edición cunha sesión monográfica que leva por título ‘Cerebro e liberdade’. Esta primeira NerdNite, organizada en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia co gallo da súa celebración en Santiago do seu congreso bienal, estará moderada por José María Delgado, catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e contará como relatores con diversos especialistas.
-
Hai catro anos, o compostelán Carlos Morales puxo en marcha un proxecto baixo o nome Fear of Missing Out, onde pretendía dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. A partir de aí, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.