Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Deporte, termalismo e turismo, son os elementos principais que conforman a proba ciclista "Challenge los 4 días de Ourense", unha iniciativa que se celebrará entre os días 18 ao 21 de abril no concello de Baños de Molgas, organizada pola Deputación de Ourense –por medio do Inorde- e a Fundación ADO Moure para difundir os valores da práctica deportiva en todas as idades. As catro etapas do "Challenge los 4 días de Ourense" terán como punto de saída e chegada Baños de Molgas.
  • O 17º Ribeira Sacra mestura a música de artistas internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola e gastronómica dos establecementos da zona. A programación inclúe concertos no Parador de Monforte, no Miradoiro de Santiorxo, na Praza de España de Chantada, no Catamarán de Doade, nas Adegas Regina Viarium, Vía Romana e Algueira, e na Reitoral de Gundivós. Nas próximas semanas iranse dando a coñecer máis novidades.
  • Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
  • A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.
  • Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou, a partir de aí comeza unha viaxe o pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedades actual.
  • O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.
  • O colectivo Egeria preparou para o Centro Eucarístico Lucense e a Catedral de Lugo, a exposición 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui.
  • A Concellería de Xuventude bota a andar unha nova iniciativa para motivar a participación da mocidade ourensá. Ourensexove é “un programa de actividades alternativas de lecer, recreativas, de fácil accesibilidade, saudables, para realizar individualmente e gozar en grupo”, en palabras da concelleira Sofía Godoy, que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño. Os destinatarios das actividades son mozos e mozas de 14 a 35 anos.
  • A Cidade da Cultura celebrará o venres 26 de abril un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro (23 de abril). O artista, que leva 20 anos instalado en Galicia, actuará coa súa banda no Auditorio Neira Vilas e as entradas xa están á venda.
  • O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23 cunha sensacional escolma de formacións musicais, e con 11 concertos que se desenvolverán desde o día 4 de abril ate o 4 de xuño. Será unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador, ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero.