Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Situada na rúa coruñesa Rego de Auga, a poucos pasos de onde naceran a Real Academia Galega e as Irmandades da Fala, eríxese o histórico edificio de 1863 que alberga o novo e meirande proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Logo de 25 anos dedicados á creación, divulgación e xestión cultural no eido da poesía, Castaño afronta na súa iniciativa máis ambiciosa, que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega.
  • A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, abrirá as súas portas dende mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA coa presenza de 544 firmas expositoras de 32 países, dos cales 188 son expositores directos e 356 son marcas representadas. En canto ás firmas expositoras, supoñen un 39% máis que en 2017, cando foran 392, e son dun 33% máis de países.
  • A quinta edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, estrea unha nova vertente creativa, a moda. E faino da man de tres importantes profesionais do sector: Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez. A xornada inaugural da semana creativa correrá a cargo destas mulleres, que representan marcas de prestixio internacional.
  • O presidente da Deputación de Ourense asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do carnaval".
  • Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro Afundación de Vigo. O seguinte concerto será o 27 de febreiro cun concerto da Real Filharmonía de Vigo baixo a batuta de Jonathan Webb no que se estreará unha obra, Macaréu, encargada pola agrupación a Adrián Saavedra. Tamén interpretarán a Sinfonía nº 6 en re menor, op. 104, (Sibelius), e a Sinfonía nº 5 en re maior (Vaughan Williams).
  • O período expositivo de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» producida por Afundación, a Obra Social de ABANCA, chega ao seu fin e faio cun concerto a cargo de Maria do Ceo, quen presentará o seu novo disco, A fadista. O recital será o vindeiro 1 de marzo, a partir das 19.00 h na Sala de exposicións da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), e as entradas xa se esgotaron.
  • O vindeiro sábado 23 de febreiro Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: ‘Ligazón’, ‘A cabeza do Bautista’ e ‘A rosa de papel’. Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso.
  • Regresa á cidade da Coruña o espectáculo ​The Hole​. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer que o Coliseum acollerá do 28 de febreiro e até o 3 de marzo diversas representacións de The Hole Zero, Nesta ocasión, a acción sitúase nos anos 70 e 80, concretamente, na noite de Fin de Ano de 1979. Será un evento de cabaré, música, circo e humor moi diferente ás anteriores presentacións da saga na cidade.
  • Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.
  • Como cada ano, a Universidade de Santiago conmemora este luns 11 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, proclamado en 2015 pola ONU co propósito de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, o seu empoderamento e avanzar na igualdade de xénero. Entre as actividades previstas, o Campus de Lugo acollerá as xornadas de debate ‘Mulleres, ciencia e tecnoloxía’.