Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.
  • O próximo mércores 1 de decembro terá lugar no auditorio do Vello Cárcere de Lugo un grande acto de lembranza a Luis Ferreiro Peinó, escultor lugués que este 2021 faría 100 anos. Este acto transcorre en paralelo á exposición «Peinó 100», que acolle precisamente O Vello Cárcere dende o pasado 3 de novembro e até o vindeiro 7 de xaneiro. Tamén está enmarcado dentro das iniciativas de lembranza do artista polo seu centenario.
  • A localización de Cova Eirós en Triacastela, entre o extremo máis occidental da cornixa cantábrica e a fachada atlántica peninsular, convértea nun importante enclave para entender a expansión das primeiras comunidades de Homo sapiens na Península ibérica e a progresiva extinción dos neandertais. A secuencia de Cova Eirós contén varios niveis que se enmarcan no momento de transición entre os últimos neandertais e os primeiros humanos modernos.
  • O Salón Teatro de Santiago será a principal sede do Encontro para a formación e a innovación no circo D10!, organizado pola compañía Pistacatro e que chega á súa sexta edición. Neste marco, o escenario do Centro Dramático Galego acolle os vindeiros días 24, 25 e 26 tres espectáculos abertos ao público e mais o obradoiro de dramaturxia no circo Escribir o risco, que terá lugar no Centro Sociocultural do Romaño.
  • Cinema Rabudo nace en Santiago de Compostela co fin de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Feminismos, ecoloxismo, dereitos humanos, multiculturalidade e migracións son algúns dos temas que se tratan nas oito pezas que se proxectarán entre o 22 e o 26 de novembro.
  • Presentada pola Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, no curso 'A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital' organizado polo reitor da UDC, Julio Abalde, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, definiu o proxecto da Cidade das TIC como un instrumento de colaboración para reter e atraer talento.
  • Despois duns meses marcados pola pandemia, a música volve a formar parte da programación cultural do campus de Pontevedra, da man do ciclo de concertos impulsado pola Vicerreitoría e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e novas tecnoloxías.
  • O Concello de Paradela vai celebrar durante o próximo 2022 o seu primeiro bicentenario. aradela naceu como concello en 1820, pero a celebración dos seus douscentos anos foi adiada polo problema da COVID ata o momento en que puidese celebrarse con maior liberdade, e así en 2022, coas favorables perspectivas sanitarias, estímase o momento axeitado para diversas celebracións que son obxecto de estudo nestes momentos.
  • Tivo lugar na Biblioteca municipal de Miño (A Coruña) a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.
  • O Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, vén de botar o pano da súa 17ª edición, logo do peche da programación en liña a través da plataforma dixital FILMIN, e que incluíu, entre os seus contidos, as retrospectivas deste 2021 dedicadas a Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, e a recuperación dos títulos do cineasta filipino Kidlat Tahimik que Play-Doc proxectou no 2019.