Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Do 11 de abril ao 9 de maio, a cidade de Ourense acolle a celebración da 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que contará con 23 espectáculos de teatro, música e danza, ademais de formación. Unha edición máis a Universidade de Vigo volve a ter un protagonismo destacado nela, non só no seu patrocinio e organización senón tamén coa actuación das aulas de teatro e danza dos seus tres campus.
  • Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario (cinco compañías presentarán no auditorio Gustavo Freire outras tantas producións), e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que se completarán con obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.
  • A oitava edición do festival 17º Ribeira Sacra, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo en diversos escenarios do territorio lucense, anuncia un primeiro avance da súa programación. Denominado como “festival de experiencias”, o 17º Ribeira Sacra marida, non só música, senón tamén outras áreas que cada ano cobran maior protagonismo; como é a arte, a terra e a gastronomía.
  • Resultado dun proceso de traballo, no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
  • Liderado pola EE Forestal, o proxecto europeo Firepoctep+ busca tanto identificar, ao longo da fronteira entre España e Portugal, unha serie de puntos clave na loita contra os grandes lumes, como definir que accións preventivas poden levarse a cabo nestas áreas coa implicación dos axentes locais. Con ese obxectivo, investigadores e investigadoras desta escola mantiñan un encontro con comunidades de montes e propietarios forestais do Baixo Miño
  • O Centro Dramático Galego (CDG) convida o estudantado da USC a acudir á preestrea do espectáculo 'Manuela Rey is in da house' que terá lugar este mércores 13, a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta iniciativa enmárcase dentro da nova vaga de Faiscas Culturais centradas na recuperación da figura da actriz galega Manuela Rey. A mindoniense converteuse na grande estrela lisboeta de mediados do século XIX.
  • O proxecto CAPRIF-CC ‘Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático’ traballará durante case dous anos en prol da activación económica de zonas rurais do noroeste da Península Ibérica. En concreto, perséguese a dinamización laboral no ámbito forestal e nos usos multifuncionais do monte en Galicia e Asturias. O consorcio no que participa a USC a través da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER) acaba de desenvolver a súa xuntanza de lanzamento.
  • A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación de Lugopoética 2024, un ciclo de encontros arredor da poesía para impulsar novos talentos da man de autores consagrados. Está organizado polo colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do centro asociado da UNED na cidade.
  • A UDC organiza, por décimo ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 2 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol. Nesta edición, participan 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
  • Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación da Primavera Cultural da USC que xa está en marcha. Nesta segunda edición, a USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución dentro e fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do estudantado con actividades interdisciplinarias e abertas, na súa maioría, ao conxunto da sociedade.