Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Dentro da Semana de Cine de Lugo, este luns na Deputación Provcincial, vaise presentar o libro 'BAÑOS FILMS, 70 ANOS DE CINE EN GALICIA', de Manuel Curiel Fernández. O libro percorre a historia das tres xeneracións da familia Baños, dedicados á distribución de cine en Galicia os últimos setenta anos, e vencellados á Semana de Cine de Lugo desde o seu nacemento en 1979. Na presentación intervirá Manuel Curiel, membros da familia Baños, e representantas das institucións que apoian a Semana de Cine.
  • O Galician Freaky Film Festival presentou esta mañá o programa completo da súa oitava edición, que está dispoñible na web do evento. O certame internacional de cine freak e fantástico conságrase como o maior festival de cine de Vigo e un dos poucos eventos adicados ao sétimo arte que existen hoxe en día na cidade. A presentación tivo lugar na que será a sede do frikismo entre o 20 e o 28 de setembro, a Plaza Elíptica.
  • Comeza no Ateneo de Ourense o próximo 18 de setembro, mércores, un ciclo de conferencias sobre a figura de Prisciliano e a súa importancia na historia europea, española e galega. A conferencia correrá a cargo de D. VICTORINO PÉREZ PRIETO, doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor universitario xubilado, nas Universidades da Coruña, Santiago, Bogotá e, ultimamente, na Universidade de Lasalle (Madrid).
  • Este sábado Expourense abrirá as súas portas para unha xornada repleta do mellor pop rock alternativo. Un festival que en tan só tres anos, logrou posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente, cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg, Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.
  • O vindeiro 18 de setembro, a CEO será o punto de referencia do emprendemento galego coa celebración de Ultreia Ourense, un evento que pretende dinamizar o ecosistema emprendedor das startups da nosa rexión. Esta iniciativa forma parte de Ultreia Galicia, un ciclo de eventos que percorrerá as catro provincias galegas ao longo do mes de setembro, co obxectivo de promover a innovación e o desenvolvemento empresarial. Ourense será a primeira parada deste proxecto.
  • O catro de setembro ás 19,00 h., inaugúrase na Casa da Galería da Praza Maior de Castro de Rei, a exposición OS NOTABEIS, “Serigrafía medio salvaxe”, de Jorge Carla, Antonio Asensi e Israel Dawood, que reflicte a volta de personaxes dun Castro de Rei do século pasado. Dirixida por Bernardo Tejeda, está organizada pola Fundación Margarita Ledo Andión, coa colaboración da Rede Museística Lucense da Deputación Provincial de Lugo.
  • A serie galego-portuguesa Lume atópase xa na recta final da súa rodaxe, que se vén levando a cabo en diferentes localizacións das dúas beiras do Miño. O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo durante a gravación no concello pontevedrés de Cuntis dalgunhas das últimas escenas deste thriller, para o que a produtora galega Setemedia dispón dunha subvención de máis de 240.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
  • A Xunta activa a prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Lérez, na provincia de Pontevedra. Así o acordou a Oficina Técnica da Seca, que estivo presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e que contou coa participación tanto de técnicos do organismo hidráulico autonómico como de representantes de Protección Civil, MeteoGalicia e as Consellerías de Sanidade e Medio Rural.
  • The Wild Fest chega á súa sexta edición afianzándose como un dos festivais máis singulares de Galicia. Ademais da actuación dunha ducia de bandas nacionais, o festival chama a atención por celebrar The Wild Cinema, un festival de cinema medioambiental que proxectará máis dunha vintena de curtas internacionais. O certame, que terá lugar do 30 de agosto ao 1 de setembro, celébrase no parque forestal de San Miguel de Oia (Vigo).
  • O Museo Casa de la Troya manterá abertas as súas portas durante todo o verán -ata mediados de outubro- para que composteláns e visitantes poidan percorrer a vella pensión de estudantes, inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima. O horario de apertura é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, de martes a sábado, pechando os domingos e os luns.