Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Energía y Minas revela que la empresa minera de Corcoesto quería revender

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

Unha demanda da multinacional mineira Edgewater, a empresa que intentou abrir unha explotación de ouro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños), contra a Xunta contén graves acusacións. “Non presupoñemos nada. Pero se estas acusacións non son certas, e a Xunta debe explicarse, ao Goberno galego non lle queda outra ca denunciar penalmente a Edgewater e á súa dirección”, advirte o viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez.

A demanda de Edgewater contra a Xunta, que transcendeu a través dos medios de comunicación, pon en palabras de Georges Salamis, o director da multinacional, que “amigos do presidente [Alberto Núñez Feijóo] chegaron con ofertas de axuda, o que normalmente significa $$ nunha maleta Samsonite”. A maiores, engade Salamis en correos electrónicos incorporados ao documento xudicial, “agora mesmo non chego a ver que podíamos ter feito de xeito distinto, amais de lles pagar $$$$ aos políticos, como eles mesmos pediron. Iso era doado e calquera pode facelo, pero non encaixa cos principios fundamentais cos que se fan negocios en Edgewater”.
Para Antón Sánchez, a Xunta non pode perder nin un minuto en aclarar esta situación e, de non ser certas as acusacións contidas na demanda de Edgewater, presentar a correspondente denuncia contra a directiva da multinacional mineira e contra a propia empresa.

Sánchez lembra que foi a mobilización popular a que freou os plans neolcoloniais de Edgewater para Corcoesto e que só despois a Xunta de Feijóo optou por desbotar o proxecto. “Pero non debemos baixar a garda”, avisa.
R.