Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Feijóo presenta su proyecto político para las elecciones con "la ilusión del primer día" y aúpa a Miguel Tellado como número dos del PPdeG

Notas de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

Alberto Núñez Feijóo pediu o voto para a súa candidatura á Presidencia do PPdeG coa “ilusión do primeiro día” e o compromiso do máximo esforzo e implicación por unha Galicia aberta e renovada onde teñen sitio todos os galegos. Compromiso que, como indicou, agarda tamén por parte da militancia, “porque –incidiu- vos necesito”.

“Dou a cara e pido o voto dos militantes do PPdeG porque me sinto lexitimado para pedir o voto de todos os galegos”, aseguraba o dirixente popular no marco do Congreso autonómico dos populares galegos, onde destacou que se sentía igual de agradecido e ilusionado que hai dez anos, cando iniciou a súa etapa como presidente da formación.

Con respecto a isto, Feijóo sinalou que a principal diferenza entre a primeira vez que presentou a súa candidatura á Presidencia do partido e a actual é a fe que ten en que os populares van a lograr o que se propoñen: “Convencido, en definitiva, de que, por moi difícil que pareza, por terceira vez consecutiva imos volver gobernar Galicia, cos votos libres e democráticos dos galegos”.

Baixo a súa opinión, no PPdeG hai futuro, como así o demostra a nova xeración de homes e mulleres que queren participar en política e as galegas e galegos que, cando pensan en política responsable, pensan “neste partido que naceu en Galicia, no PPdeG”.

Neste senso, asegurou que volve a presentarse como candidato porque cree en Galicia e quere a Galicia; porque hai un equipo “disposto a gañar o partido”; porque non lle gusta a política actual e quere contribuír a mudala; e porque Galicia non a cambia por nada. Como sinalou, algúns dicían que “non estaría aquí se pensara que vou perder. Pois que saquen as súas conclusións porque hoxe volvo estar aquí”.

Feijóo pediu aos populares desenvolver o seu propio modelo de política porque noutros partidos non van atopar nada bo que os inspire, como sucede no PSOE, que quen se quere facer co control négase a dar a cara e busca desesperadamente a un candidato que se esnafre no seu lugar.

Por outra banda, sinalou que Podemos e Ciudadanos tampouco poden ser fonte de inspiración porque o PPdeG non queren que o controlen cun mando a distancia desde Madrid ou Barcelona.

Pola contra, cre que no PPdeG hai un partido que coñece Galicia e un candidato que da a cara porque cre nas posibilidades deste país e no proxecto que os populares poden ofrecerlle nos vindeiros catro anos.

Feijóo pediu aos militantes non só o voto para a súa candidatura senón tamén o seu compromiso firme do máximo esforzo e da máxima implicación, posto que a súa forma de entender política e a carón das persoas que conforman o partido. Por iso, apuntou que non se presenta a este congreso para ser o comandante ante o que todos deben pechar os ollos e dicirlle ‘si’, senón como un militante de Galicia, aberto ás críticas e ao servizo de todos.

Nesta liña, o candidato á Presidencia do PPdeG asegurou que non se presenta contra ninguén, senón a favor de todos: dos votantes do partido, dos que deixaron de darlle a súa confianza, dos que nunca o votaron, dos que están pensando en votalo por primeira vez e dos que nunca o votaron nin o votarán.

Así mesmo, sinalou que o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia e por iso aposta por un partido unido, porque non quere unha Galicia dividida; quere un partido que conta cos mozos, porque quere unha Galicia con futuro; quere un partido rural, porque Galicia naceu no rural e no mar; quere un partido que coida aos seus maiores, porque quere unha Galicia que non lle perda o respecto aos que fixeron posible todo o que somos; e quere un partido renovado para unha Galicia “que se vaia renovando”.

Feijóo tamén aproveitou a súa intervención para lembrar a dúas persoas “ás que lle debemos case todo o que é este partido”, que son Xerardo Fernández Albor e Manuel Fraga Iribarne. Do mesmo xeito, agradeceu o traballo de todas as persoas que o acompañaron desde os seus inicios no partido como son Alfonso Rueda, de quen asegurou que non só foi o secretario xeral con máis tempo no cargo senón que, baixo o seu punto de vista, foi o mellor.

Tellado, secretario xeral

FOTO2]O voceiro do PPdeG e futuro secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é gañar e gobernar”, di.

Destaca a dificultade de relevar a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas provinciais e traballaremos “como un equipo”.

“Agardo non defraudar e estar á altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.

Fotografías: web PPdeG.
R.